Os óleos de Paco Fino botan unha ollada ao pasado do Grove

Os óleos de Paco Fino botan unha ollada ao pasado do Grove
El pintor Paco Fino posa junto a dos de sus cuadros | Todogrove

O Grove poderá disfrutar ata o vindeiro 15 de setembro de dúas exposicións do pintor autodidacta meco, Paco Fino. A mostra “Ollada ao pasado” loce xa na Sala das Cunchas do Concello, e no espazo anexo, Sala das Dornas, está a das “Estampas Mariñeiras”. O gusto pola pintura venlle de moi novo a este grovense, pero a súa afición polo fútbol, concretamente polo Club Deportivo Grove afastouno desta afición da que asegura, a pesar da súa técnica, non recibiu nunca unha clase. “Sempre me gustou o óleo, pero cando era novo non mo podía permitir porque era moi caro. Tamén teño cadros con pintura acrílica”, asegura. Na súa casa conta máis de corenta cadros aos que hai que sumar os que hai nas casas de familiares e os que seguen expostos en locais do municipio á venta. “Agora teño un cadro exposto en Isolino sobre a zona de Beiramar”, explica.


“Ollada ao pasado” é a recreación do recordo do autor do Grove antigo, espazos da súa infancia, rúas emblemáticas como a Catorse están nas pinturas desta mostra as que acompañan unha fotografía recente para que se poida ver o contraste e evolución dos espacios que o autor plantexa nesta exposición. “Teño na miña cabeza detalles e cousas de distintos lugares que agora xa non están, pero que volven a aparecer nos cadros”, sinala.


O traballo da pintura e a súa meticulosidade fai que Paco Fino realice parello esta actividad artística unha labor de investigación sobre a orixe de moitos dos motivos elixe para os seus cadros. “Na exposición da sala das Cunchas pódese ver un cadro sobre o antigo Gran Hotel, pero a foto da que dispoñía era en branco e negro. Para poder ser o máis realista posible coa pintura, púxenme en contacto cunha persoa que viviu alí e foi o que me dixo que era amarillo e branco e así o pintei”, relata.


“Estampas Mariñeiras” é unha homenaxe ao seu barrio natal Peralto e ao mundo mariñeiro. “O meu pai era marineiro así que eu coñezo moitas das artes pesqueiras que se utilizaban e que por desgracia se foron perdendo. Nos meus cadros tento recuperalas dalgunha maneira”, sinala. Asegura que non ten ningunha manía a hora de pintar. “Pinto cando teño tempo. Iso si cando empezo ata que acabo non paro”, asegura. A inspiración para os seus cuadros atopaa na praia ou no monte, nas paisaxes mecas. “Levo un bloc e fago un boceto e logo pinto”, afirma.


Da súa infancia recorda como acudía á praia a ver Ernesto Goday pintar. “Veraneaba na casa dos meus veciños e era un pracer velo pintar. Nos seus cadros aparecían cousas que non estaban, pero a quen lle importa iso. Era o que lle daba ese aire diferente”, asegura.


Aínda que o seu nome é Juan Francisco Torres Domínguez, no Grove todos o coñecen como Paco Fino e así o conserva como firma nos seus cadros. “ Fino é un apodo familiar, pero como non me molesta nin é nada malo conservoo dende mozo na firma dos cadros", explica.

Os óleos de Paco Fino botan unha ollada ao pasado do Grove

Te puede interesar