Piden á Corporación que denuncie a Deputación pola falta de seguridade no vial de Dorrón

Piden á Corporación que denuncie a Deputación pola falta de seguridade no vial de Dorrón
O actual vial de Dorrón conta con postes de electricidade en medio da calzada | d.a.

Fartos de postes de electricidade no medio da calzada, beirarrúas sen rematar, puntos de luz e tuberías ao aire e desprendimientos de terra que ocupan parte da calzada no vial de Dorrón, os veciños esixen agora que a Corporación de Sanxenxo acorde denunciar a Deputación de Pontevedra pola falta de seguridade vial nesa estrada.
E é que consideran que as obras sen rematar son un “grave problema de inseguridade” para os condutores que circulen pola zona. “Terá que haber mortes para que se tomen decisións. Postes no medio da estrada que creen que se arranxa cun sinal”, apunta indignado un veciño da zona. Tachan de “irresponsabilidade” o actual estado deste vial.
A protesta chegou incluso a Subdelegación do Goberno este mesmo ano, pero segue sen haber resposta nin solución para os veciños deste lugar.
Os traballos que deron comezo co anterior goberno popular da Diputación está traendo máis dun quebradeiro de cabeza ao novo órgano provincial. As obras que afectan a un tramo dun quilómetro, desde o comezo do vial na Granxa, na conexión coa estrada autonómica, en dirección a Dorrón foron adxudicadas en outubro de 2013. Cun orzamento que roldaba o millón de euros a obra presentábase como a solución aos actuais problemas de seguridade viaria na zona.
O proxecto prevía beirarrúas a ambos os dous lados da calzada, algo que sobre o terreo non existe, un ensanche de 12,60 metros, aparcamientos e dous carriles, así como novo asfaltado e señalización horizontal e vertical.
A Diputación prevía tamén urbanizar todo o tramo, colocando as canalizaciones de recolleita de pluviales, regadío, enerxía, telefonía, etc; así como retirada do cableado e soterramiento e alumado público.
A propia Deputación recoñeceu hai uns meses de “graves irregularidades” na obra e incidiu e que se poría solución.

Piden á Corporación que denuncie a Deputación pola falta de seguridade no vial de Dorrón

Te puede interesar