miércoles 17.07.2019

Pontón levará ao Parlamento iniciativas ante as “dificultades” atopadas na xestión municipal

A voceira nacional do BNG, Ana Pontón, reuniuse onte cos representantes nacionalistas do goberno cambadés e anunciou que nos próximos días presentará no Parlamento unha serie de iniciativas relacionadas coa vila. O obxectivo é impulsar proxectos municipais

Pontón cos responsables municipais do BNG 	g. salgado
Pontón cos responsables municipais do BNG g. salgado

A voceira nacional do BNG, Ana Pontón, reuniuse onte cos representantes nacionalistas do goberno cambadés e anunciou que nos próximos días presentará no Parlamento unha serie de iniciativas relacionadas coa vila. O obxectivo é impulsar proxectos municipais e axudar nas “dificultades” que se están atopando, segundo apuntou o primeiro tenente de alcalde, Víctor Caamaño.
Caamaño sinalou que cando accederon ao gobierno atopáronse con “discordancias” de persoal porque “é moi bonito facer infraestruturas pero logo non se pensa en que falta persoal para o seu funcionamento”, en referencia ao goberno anterior. Tamén sinalou o binomio Xunta-PP que “xa está en campaña para as seguintes eleccións municipais” porque o Concello vén denunciando trabas da administración autonómica para a posta en marcha de diferentes proxectos. Asimesmo quixo deixar claro que non se refería a “dificultades de entendemento político” entre os socios do cuatripartito que “se poden solucionar sentándose a falar”.
Pontón sinalou que “levamos pouco tempo gobernando” en Cambados e os “cambios non son fáciles, pero a nosa aposta é clara”. De feito, sinalou que para o BNG hai dúas cuestións fundamentais na súa participación neste goberno como foron “romper coa maioría absolutísima do PP” e “abrir unha nova etapa”. Manifestou tamén que hai tres liñas básicas do traballo da coalición galega como “devolver esta institución –polo Concello– ao pobo con Concellos abertos e democráticos” e gabou a posta en marchados consellos parroquiais. A isto sumou a “importante fonte de riqueza” da ría coa protección do medio ambiente como unha das súas prioridades, e máis a “recuperación e a aposta pola nosa cultura”. Liñas que tamén asume o Bloque cambadés porque “somos un grupo político coherente”.

Comentarios