O PP local apoia a Durán: “Estamos encantados de que vaia investigado”

O PP local apoia a Durán: “Estamos encantados de que vaia investigado”
O alcalde vilanovés, onde, durante a súa comparecencia | mónica ferreirós

A denuncia polo “chacha para todo” pode volverse en contra de Carmela Silva. Así o cren firmemente no PP vilanovés e o propio denunciado, o alcalde e o candidato á reelección Gonzalo Durán, que onte, nunha comparecencia por outros asuntos, respondía ao fío de ser citado como investigado.


O seu número dous, Javier Tourís, amosaba o total apoio do PP local ao seu dirixente. Tras incidir na “casualidade” de que o asunto saltase a “unha semana das eleccións”, considerou que “isto é por defender aos veciños de Vilanova”. “Estamos orgullosos de que o alcalde vaia de investigado, unha e cincuenta mil veces, por defender os intereses dos veciños de Vilanova”.


Nesa liña, o rexedor insistiu en que o xulgado o citou primeiro como testemuña, feito que el recurriu. Agora, como investigado, terá oportunidade de solicitar, entre outras cousas, que declare Carmela Silva. Faino reiterándose no xa dito hai meses, con motivo do seu explosivo, e controvertido, calificativo: Que na Deputación e en Vigo pode estar habendo irregularidades. E que agora esta denuncia contra el, axudará a destapalas. “A cloaca de Vigo, está no xulgado. E vaise destapar agora. E non o van a tapar con luces de Nadal, porque apesta”.


O rexedor facilitou copia onte aos medios da anterior citación para declarar en marzo, na que o xulgado lle requería que aportase denuncia, se a presentara, “respecto dos feitos atribuidos a María del Carmen Silva Rego, presidenta da Deputación de Pontevedra (malversación de caudais públicos)”. Tras aquilo, o rexedor figura agora como investigado, se ben é certo que dende o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia confirmaban onte que o está por “delito sen especificar”. Así consta tanto no xulgado como na Fiscalía. Polo tanto, non estaría directamente imputado polo “chacha para todo”, pero si a raíz desa denuncia.

“É corrupción”
Despois de insistir na suposta “corrupción” no goberno local de Vigo e de referirse ao caso do enchufe da cuñada de Carmela Silva nunha concesionaria na cidade olívica, Durán tamén se referiu ao candidato socialista na vila: “Como é corrupción e delito o de Javier Dios, que ten unha causa aberta por estafar a unha compañía de seguros”, afirmou.

O PP local apoia a Durán: “Estamos encantados de que vaia investigado”

Te puede interesar