O punto morado do Albariño crece e o Simposio LGTBI contará cun premio

O punto morado do Albariño crece e o Simposio LGTBI contará cun premio
A alcaldesa, Fátima Abal, e a técnica de Igualdade, Mónica Novas, na presentación de ambas iniciativas | cedida

A Concellería de Igualdade xa está inmersa na organización do punto morado da Festa do Albariño, que crecerá en formación e en número de voluntarios, chegando ao 25 locais establecidos como puntos seguros para unha primeira atención ante una posible agresión por cuestión de xénero. Tamén na preparación do Simposio Internacional LGTBI, para outubro, que nesta terceira edición premiará a unha persoa ou colectivo por iniciativas que fomenten o respecto pola diversidade.


A alcaldesa e concelleira de Igualdade, Fátima Abal, e a técnica Mónica Novas presentaron onte ambos programas. Para a celebración máis multitudinaria de Cambados volverá o punto morado; creado o ano pasado para atender posibles casos de agresión á muller e tamén para concienciar á sociedade sobre a necesidade de sumarse á “mensaxe de respecto ás mulleres e de rexeitamento de calquera tipo de violencia”.


Segundo Abal, tanto os voluntarios que percorrerán as rúas para divulgalo e atender a posibles víctimas, como os responsables dos establecementos que funcionarán como puntos de seguridade, e que este ano crecen a 25, recibirán formación de profesionais especializados durante os meses de xuño e xullo sobre o protocolo de prevención de agresións contra a violencia de xénero no Albariño. A rexedora destacou que a formación “é obrigada e necesaria para saber reaccionar se por desgraza se produce un caso”, e, xunto a Novas, animou aos veciños a sumarse a esta campaña como voluntarios. O ano pasado anotáronse 30, que este ano volverán a patrullar o evento vinícola.


Todos estes colaboradores estarán coordinados polo persoal experto en igualdade de xénero e psicólogos, que atenderán as necesidades das posibles vítimas no stand do punto morado, que estará no Paseo da Calzada. E, ao mesmo tempo, estes permanecerán coordinados cos servizos médicos e as forzas de seguridade presentes na festa. O ano pasado, a maiores do reforzo de seguridade, contouse con dous axentes de Policía chegados de Vigo e especializados en violencia de xénero.


En canto ao III Simposio Internacional LGTBI, terá lugar o 26 de outubro e, como en anteriores edicións, contará cun programa de relatorios de representantes de diferentes países que se achegarán á capital do albariño para “expoñer os seu diferentes puntos de vista respecto a ‘naturalización’ social en canto a orientación sexual se refire”.


O obxetivo deste congreso é “abrir os ollos ás necesidades” do colectivo e descubrir iniciativas de éxito, así como reivindicar dereitos e visibilizar as dificultades coas que se atopa o colectivo. De feito, unha das novidades deste ano é a creación dun premio a personas ou colectivos por iniciativas que fomenten o repecto pola diversidade.

O punto morado do Albariño crece e o Simposio LGTBI contará cun premio

Te puede interesar