A ILLA-Os Quintos tomaron as rúas da Arousa

A ILLA-Os Quintos tomaron as rúas da Arousa
os quintos tomaron as rúas da illa no seu día grande e o teatro triunfou no auditorio e. moldes

Na Arousa hai datas sinaladas en vermello no almanaque. Se unha delas é a celebración do patrón, San Xulián, no mes de xaneiro, a seguinte é a semana conmemorativa das festas do verán. A Festa dos Quintos foi a encargada onte de dar o pistoletazo de saída a unha celebración que se remonta a moitos anos atrás. Os mozos do municipio, cos 18 anos recén cumpridos, aproveitaron a boa climatoloxía para participar nunha xornada de confraternidade, diversión e moita festa ata altas horas da madrugada. É que se hai algo de certo é que nestas datas a vida na Arousa transfórmase por completo. A celebración dos Quintos dará paso hoxe á tradicional festividade do San Ramón. Pola mañá haberá pasarrúas, misa solemne e xa pola tarde no Campo da Bouza terá lugar a emblemática comida campestre a prezos populares. Xa pola noite a verbena correrá a cargo da orquestra Canadá seguida da discoteca móbil. Unha segunda xornada de festa que non culminará ata o sábado co día grande do Carme.

Homenaxe teatral
O certo é que non só de festas vive a celebración do Carme na Illa. De feito o Auditorio Municipal acolleu onte unha sentida homenaxe en forma de espectáculo teatral a cargo de Cándido Pazó que lembrou “Ás do peixe” ou, o que é o mesmo, a aquelas mulleres que dedicaron parte da súa vida ao mar e á conserva. Un contrapunto cultural que serviu para compaxinar un cartel no que prima a música de verbena e os actos litúrxicos n

A ILLA-Os Quintos tomaron as rúas da Arousa

Te puede interesar