Reportaxe | O Grove enche de cultura os días de verán

Reportaxe | O Grove enche 
de cultura os días de verán
A concelleira de Cultura e o alcalde durante a presentación do programa | d.a.

A concelleira de Cultura, Emma Torres, presentou onte a programación cultural de verán para os meses de xullo e agosto. Seguindo a tendencia dos últimos anos, os esforzos concéntranse en realizar unha oferta ampla e variada que sexa do agrado dos veciños e veciñas da localidade e, por extensións, se convirta nun atractivo máis da ofertas turística da vila.
A programación mantén citas tradicionais como os contacontos na Praza de Arriba todos os martes, os Cinema de Verán na Rúa Hospital os mércores e os xa indispensables Xoves musicais que se manteñen na Praza do Corgo. En todos os casos se traballou para realizar unha selección de calidade e interese e, deste xeito, os martes a Praza de Arriba acollerá aos grupos e contacontos máis importantes de Galicia; os Cinemas de Verán céntranse nas películas infantís e de humor recentes que teñen amosado unha grande aceptación por parte do público.
No referido aos Xoves Musicais tense realizado unha proposta de estilos moi diversos que vai dende o rock surfero dos Breaking Bones ao flamenco e rumba de Fla-Meco ou as versións de ¿Quién se queda con los niños? ou o rock tranquilo do grupo Deteriorados, coa voz da grovense Laura Villanueva. Pero ademais destes ciclos máis tradicionais O Grove realiza este ano unha aposta pola reivindicación das artistas femininas, loitando para conseguir o obxectivo de que as mulleres teñan unha maior presenza na oferta cultural galega. Para este fin, o mes de agosto tense creado un pequeno ciclo que se celebrará na Rúa Castelao e que contará coas espectaculares voces de Red Vita, Carolina Rubirosa, Guadi Galego e Uxía Senlle.
A todo o anterior súmanse outras moitas propostas de teatro, poesía, festas ou exposicións. Dende o Concello lémbrase que a información pormenorizada estará dispoñible nas redes sociais e nos programas de man que a partires da semana próxima poderán recollerse na Oficina de Turismo. l

Reportaxe | O Grove enche de cultura os días de verán

Te puede interesar