Reportaxe | A Librería Nós celebra corenta anos de cultura con seis Premios Nacionais das Letras

Reportaxe | A Librería Nós celebra corenta anos de cultura con seis Premios Nacionais das Letras
O activo tivo lugar na adega Eidos de Padriñán esta semana | cedidas

Non todos os días se celebran 40 anos de funcionamiento dun establecemento. E menos dunha libraría. Por iso, a adega Eidos de Padriñán vestiu de gala este pasado venres para acoller a efeméride de catro décadas de viaxe da Libraría Nós de Sanxenxo.
O espazo libreiro, ubicado na rúa de Madrid, reuniu para a ocasión nada menos que a seis Premios Nacionais das Letras, autores galegos como Alfredo Conde, Fina Casalderrey, Suso de Toro, Justo Beramendi, Ledicia Costas e Antonio García Teijeiro. Tamén contou coa presenza do presidente da Real Academia Galega, o tamén literato e editor, Víctor Freixanes.
Homenaxe
A celebración serviu non só de homenaxe á librería e ao seu responsable, Xaime Corral, xunto ao tamén fundador Toño Castro. Tamén fixo ás veces de loubanza para os espazos libreiros en favor da lingua e cultura galegas e para o recordo, sentido, de Xabier P. Docampo, falecido o pasado mes de xuño.
Foi, pois, un acto cargado de letras e de sentimento, no que o propio Xaime Corral agradeceu a todos os escritores e tamén clientes que se manteña vivo o que un día fora un soño de mocidade que “leva xa corenta anos” vivo nesta libraría.
Finalmente, o serán cultural e festivo rematou coa interpretación do Himno Galego, na gaita de Carlos Camino, seguido dun ágape na propia adega. . l

Reportaxe | A Librería Nós celebra corenta anos de cultura con seis Premios Nacionais das Letras

Te puede interesar