martes 10.12.2019

Reportaxe | “O Mar nunha Flor” abre o telón cos cons que inspiraron debuxos orientais

A Illa vén de rematar as súas festas do Carme, pero continuará esta semana cunha ampla relación de eventos lúdicos e culturais grazas ao cilo “O Mar nunha Flor”.

Víctor Coyote, creador da colección, participou onte na posta de largo da exposición e do propio ciclo, xunto ás autoridades locais | gonzalo salgado
Víctor Coyote, creador da colección, participou onte na posta de largo da exposición e do propio ciclo, xunto ás autoridades locais | gonzalo salgado

A Illa vén de rematar as súas festas do Carme, pero continuará esta semana cunha ampla relación de eventos lúdicos e culturais grazas ao cilo “O Mar nunha Flor”. Onte quedou inaugurado, coa apertura da exposición de debuxos titulada “A Liña de Cons”, obra do polifacético autor de Tui Víctor Coyote.
A mostra componse dunha trintena de debuxos que xa se poden ver de xeito libre no auditorio da localidade. Segundo el mesmo explicaba onte, son creacións a tinta e algunhas con acuarela, de grande formato, duns 50 por 70 centímetros, que recollen a súa visión dos cons de A Illa, nun estilo que recorda, con intención, a arte xaponesa.
O xermolo do proxecto nacía o verán pasado, cando o artista redescrubría a localidade isleña da man da súa amiga Uxía, unha das promotoras do ciclo cultural. “Había moitos anos que non viña, dende que era pequeno”, detallaba o debuxante, que confesa que pronto a visión dos cons lle espertou a idea da colección.
En liñas horizontais
“A Illa é horizontal, non vertical, non é o Everest”, indicaba Coyote para explicar o xogo pictórico no que mestura os perfís dos cons coas liñas horizontais que pobran a paisaxe isleña: “O horizonte, as liñas de flotación, as marcas da marea” están presentes no entorno dos cons preto do mar e ata dos que están máis alonxados e así foron reflectidos nesta colección.
O groso do seu traballo de creación foi desenrolado durante o inverno pasado, previa labor de documentación, coa recollida de fotografías, elaboración de bosquexos e mesmo a creación directa de algúns dos debuxos na propia localidade insular.
Dende o Concello resaltan o potencial da colección e confían no seu éxito, dado que soubo plasmar algúns dos elementos máis característicos da paixase insular. Todos os debuxos están, además, á venda.
Ofrecerá tamén un concerto
Os isleños e todos os visitantes e interesados poderán tamén desfrutar da arte de Víctor Coyote no eido musical. O artista xa conquistara a toda a xeración do Xabarín Club con temas tan recordados como “Pode Ser” e conta cunha dilatada traxetoria da que dará mostra este xoves, día 27, as 21 horas no auditorio. Actuará xunto a músicos como Ricardo Moreno e Lucas Fernández, no propio auditorio de A Illa, dentro do mismo ciclo de verán.
As entradas teñen un prezo de 7 euros en billeteira e de cinco en venda anticipada, que poden mercarse no Bar O Museo e na administración de lotarías.

Comentarios