Reportaxe | “Nos seus pés”, unha cita solidaria cos refuxiados no Corgo

Reportaxe | “Nos seus pés”, unha cita solidaria cos refuxiados no Corgo
Copia (2) de Diario de Arousa-9999-99-99-999-35391130

A Praza do Corgo acollerá dende hoxe o festival solidario “Nos seus Pés”, unha cita na que se recaudarán fondos para as oenegués Project Elea e Proem-aid que axudan aos refuxiados no campo de Eleonas e nos rescates no mar na illa de Lesbos, respectivamente. A proposta foi presentada onte polo cociñeiro Javier Olleros, un dos colaboradores da cita e por Mar Benavides, impulsora do evento xunto ao bombeiro meco Alberto Agrelo e contou coa presenza do alcalde, José Cacabelos.

A programación arrancará hoxe pola tarde na carpa dos escenarios da Festa do Marisco co contacontos de Xarope Tulú que dará paso a un showcooking do Grupo Nove no que estará Héctor López, Roberto, Pepe Solla e Javier Olleros con distintas propostas culinarias ao módico prezo de tres euros. Non faltará a música, porque tal e como recalcou Olleros, “isto debe ser unha festa” nos que os protagonistas serán: Será A compañía do ruido, Négome, Innopiah, Grove Hustla, DJ Easy Money+DJ Padín. O sábado dará comezo cun vermú solidario e a actuación “The Fresquiños”, tamén haberá Festa Infantil, a partir das 16:30 horas, con Troula, a actuación de Uxía Lambona, baloncesto para os máis pequenos e a ludoteca con distintas actividades. Pensando na xuventudes haberá tamén slacklines e un torneo de baloncesto 3x3. O fotógrafo Óscar Vífer colaborará cunha exposición fotográfica na Sala das Dornas e Enxebre proporá unha obra de teatro. Os concertos nocturnos correrán a cargo de  Furious Monkey House, Bakin Blues, Poetarras e Xunta de Malisia. O domingo pola tarde se proxectará un documental “Morrer de vagar” do proxecto Fronteiras do Humano de Irene Pin e Begoña Fernández. Durante estas dúas xornadas se venderán distintos obxectos de merchandising co lema “Nos seus pés” así como huchas para recaudar fondos co obxectivo de “visibilizar aos invisibilizados”.

O alcalde animou a toda a comarca a participar no evento porque “non se pode vivir de costas a unha realidade” e incidió en que “no Grove moita xente tivo que emigrar no seu momento polo que non é dificil poñerse na súa pel”. A organización incidiu en que os cartos van directos as oenegués e non hai intermediarios para garantir unha xestión transparente.

Reportaxe | “Nos seus pés”, unha cita solidaria cos refuxiados no Corgo

Te puede interesar