Reportaxe | A RAG presenta en Ribadumia unha app coa que recompilar a toponimia galega

Reportaxe | A RAG presenta en Ribadumia unha app coa que recompilar a toponimia galega
diario de arousa-2018-12-20-013-c7c6a229

O colexio Julia Becerra Malvar de Ribadumia acolleu onte un acto promovido pola Real Academia Galega (RAG) sobre toponimia. A cita, inicialmente prevista no auditorio pero trasladada ao centro de ensinanza, foi aberta ao  público en xeral e contou tamén coa asistencia dunhs oitenta estudantes de terceiro e cuarto de Secundaria. 


O investigador Vicente Feijóo fixo unha explicación sobre micro e macro toponimia, o nome que reciben localidades e vilas, mais tamén lavadoiros, fontes, cons e unha longa lista de elementos de gran riqueza lingüística en Galicia. 


Con todo, a parte central da actividade foi a presentación dunha app ou aplicación móbil que a RAG porá en marcha a partir do vindeiro mes de xaneiro. Trátase dunha ferramenta coa que se pretende confeccionar unha grande recompilación de topónimos galegos de todo tipo e para a que será fundamental a colaboración e aportacións de toda a veciñanza. 


Implicación
De aí que esta iniciativa se difunda tamén entre os máis mozos, moi activos nas novas plataformas tecnolóxicas e que poden facer de ponte xeracional para volcar a este proxecto de base de datos o coñecemento toponímico de cada familia. 


Finamente, a sesión de onte no centro de ensino fixo un percorrido polas particularidades e riquezas da toponimia local de Ribadumia. 

Dende Covas de Lobos a Besomaño, pasando por moitos outros lugares, os asistentes puideron coñecer algo máis dos nomes cos que levan convivindo xeracións e xeracións de ribadumienses.

Reportaxe | A RAG presenta en Ribadumia unha app coa que recompilar a toponimia galega

Te puede interesar