Reportaxe | Ribadumia honra a moenda e o pan na festa que aspira ao selo autonómico

Reportaxe | Ribadumia honra a moenda e o pan na festa que aspira ao selo autonómico

“Con Pan e Viño ándase o Camiño”. É o título da exposión internacional que onte se configurou como contido innovador na edición XVII da Festa do Pan do Salnés. Unha cita que en Ribadumia, desde hai uns anos, debera ter por lema “con pan, viño e ovos fritos”, dada a ampla demanda da cea de confraternidade na que esta simple combinación no menú convirte a Carballeira, porén, nun fervedoiro de comensais.
Unhas mil persoas estaban previstas na noite de onte á comida de fin de festa, na que moitos traen algúns pratos da casa e outros completan o cuberto co polbo. Pero que continúa a ter no pan, nas súas diferentes variedades, e no tinto Barrantes os principais reclamos gastronómicos.
Xornada de homanaxe
Por iso, a festa comeza moito antes, pola tarde, coa tradicional representación da moenda, nos Muíños de Batán. E tamén cos concursos de postres caseiros e empanada nos que o pan tamén é o elemento base a ensalzar.
A animación infantil, os xogos, as actuacións de Xironsa e o Dúo Marema completaron unha xornada de festa popular na que desde un euro un xa come. E come ben. E por 1,50 ademáis bebe. E non bebe peor. l

Reportaxe | Ribadumia honra a moenda e o pan na festa que aspira ao selo autonómico

Te puede interesar