Reportaxe | Sanxenxo amplía os seus espazos de lectura

Reportaxe | Sanxenxo amplía os seus espazos de lectura
Dous pequenos disfrutan do espazo lectorno centro de saúde | cedida

O día 23 de abril é un día simbólico para a literatura mundial, xa que ese día faleceron Cervantes, Shakespeare e Garcilaso de la Vega. A data coincide tamén co nacemento e morte doutros autores prominentes.
Este día é unha conmemoración celebrada a nivel mundial, co obxectivo de fomentar o hábito á lectura, e en Sanxenxo tamén quixemos celebralo cos máis pequenos do municipio.
Por iso, durante o mes de abril viñéronse celebrando diferentes actividades relacionadas co libro. O obxectivo foi que os máis pequenos puidesen disfrutar dos diferentes contos e ser partícipes nas súas historias.
Ao longo de todo o ano, realízanse actividades encamiñadas a estimular o futuro hábito lector con actividades como os sábados lectores ou as visitas escolares á rede de bibliotecas do municipio.
Onte foi a quenda das escolas infantís e, por iso, o persoal das bibliotecas trasladouse a O Tombo e O Revel para levar a cabo unha sesión de contacontos cos nenos e nenas de cada unha delas.
Ademais, Paz Lago, concelleira de Educación, Cultura e Xuventude estivo co persoal das bibliotecas no centro de saúde de Baltar, para facer unha entrega de 75 exemplares doados pola rede de bibliotecas para crear un recuncho da lectura na sala de espera de Pediatría.
Este rincón foi creado para de fomentar hábito lector nos máis pequenos, pero, principalmente, para amenizar os momentos de espera nesta sala. “O obxectivo é que os nenos e nenas teñan a lectura presente en todo momento e que o tempo de espera sexa o máis entretido posible para eles”, destaca Paz Lago.

Reportaxe | Sanxenxo amplía os seus espazos de lectura

Te puede interesar