A revisión catastral “resucita” unha casa en Nanín derrubada hai 20 anos

A revisión catastral “resucita” unha casa en Nanín derrubada hai 20 anos
Diario de Arousa-2018-05-17-015-69b27e60

Somos En Marea Sanxenxo denuncia a presenza no catastro dunha vivenda derrubada hai máis de vinte anos nunha parcela próxima á praia de Nanín. 
O cambio rexistrouse na última revisión catastral sobre o plano, pero non así na foto que o acompaña na que aparece a finca, pero sen casa. “O primeiro que nos chamou a atención foi que o inmoble derruido hai xa décadas, volvía aparecer como se nunca desaparecerá. O seguinte que encontramos foi o trazado dun camiño que non existe ao outro lado da finca, cando o que realmente hai alí é un muro e a baixada do río”, apunta Mary Camiña, representante de Somos En Marea Sanxenxo.
Foron precisamente os veciños da zona, según apunta Camiña, os que puxeron a formación en alerta pola posible supresión desta baixada á praia e dalgún modo “privatizala”. Así, a representante de Somos En Marea Sanxenxo explica que “os temores dos veciños parecen, indiciariamente falando, ter os seus motivos, pois non se lle encontra sentido reflexar no mapa catastral un camiño e unha edificación que non existen e mantendo a antigüedade do 1952, se non é por querer edificar nunha zona na que ao anterior dono non se lle permitíu e, postos a pensar mal, unificar as dúas fincas que son do mesmo propietario”. Na mesma revisión, Camiña tamén alerta de que ”a liña de costas tamén está lixeiramente desprazada hacia abaixo, deixando desafectada dita propiedade”. 
Ante esta situación, Somos En Marea Sanxenxo solicitou por rexistro información acerca da parcela e para denunciar que “o representado no mapa catastral con se corresponde coa realidade, polo que solicitamos ao órgano competente na materia que se revise e se restitúa a información catastral aténdose á realidade, que se leve a cabo un seguimento por parte da concellería de Sanxenxo cara aclarar o sucedido con este inmoble, se nos informe dos pasos dados e dos resultados das correspondentes pesquisas”.
Somos En Marea Sanxenxo quere evitar que transcurridos os seis meses que estipula a lei, o recollido no catastro se faga firme e recolla unha vivenda e ata un alboi derrubado hai máis de vinte anos despois de que un novo propietario mercara a parcela.
O espazo utilizábase ata agora como aparcamento durante o verán polos bañistas que iban á praia de Nanín.

A revisión catastral “resucita” unha casa en Nanín derrubada hai 20 anos

Te puede interesar