Ricardo Martínez | “Reducimos a débeda en 700.000 euros e aínda así fixemos inversións”

Ricardo Martínez | “Reducimos a débeda en 700.000 euros e aínda así fixemos inversións”
Ricardo Martínez da un paso adiante como número un do PP |

Ricardo Martínez da un paso máis alá na súa traxectoria política. Foi o teniente alcalde durante o mandato que está a piques de finalizar e agora preséntase como número un da lista do Partido Popular. Un paso que da convencido de que o balance dos últimos catro anos é un bo aval.

¿Que destacaría da xestión do PP en Portas?
Saneamos as contas do Concello, que estaban moi precarias. Reducimos a deuda, que pasou de 1,7 millóns entre facturas impagadas e do banco, a menos de 600.000. É unha baixada importante en catro anos.

Supoño que esa deuda lastrou a labor do goberno...
Os 600.000 euros que están metidos na amortización da deuda non están metidos no pobo. Evidentemente non houbo tantas inversións, pero si algunhas .

¿E cales son esas obras?
renovouse a maquinaria, comprouse un tractor novo, un camión de Bomberos, un coche novo de Protección Civil, fíxose a depuradora de Portas, renovouse o saneamento en moitos tramos, porque é un problema importante do concello, arranxamos edificios municipais, como a biblioteca, a casa da cultura, a antiga casa do médico, no albergue de Briallos fíxose unha cafetería... Tendo en conta as limitacións fixéronse bastantes cousas.

¿Haberá proxectos máis importantes no próximo mandato, coa deuda xa reducida?
A idea é facer unha depuradora en Romai, e arranxar de forma definitva o saneamento en Briallos e Lantaño. Facer o campo de fútbol de Romai, que demanda a xente, renovar a herba artificial de A Rapeira e o arranxo da escola de música de San Xoán, entre as grandes obras.

E con quen está disposto a pactar o PP no caso de que non salga unha maioría absoluta das urnas...
Chegado o día eso haberá que falalo coas demais forzas. Normalmente xúntase todo dios contra o Partido Popular. Con Veciños Unidos da outra vez non foi posible pactar, desta non sei. Chegado o momento, verase.

Ricardo Martínez | “Reducimos a débeda en 700.000 euros e aínda así fixemos inversións”

Te puede interesar