RICARDO SÁNCHEZ Ciclista peregrino

RICARDO SÁNCHEZ  Ciclista peregrino

O veciño do Grove que asumiu o reto de facer o camiño de Santiago dende París cunha bici a piñón fixo cumpre unha semana na súa particular fazaña. Sen esquecer a misión encomendada polo Concello do Grove,  promocionar con camisetas e maillots a Festa do Marisco.

Como se atopa despois dunha semana dando pedaladas?
Atopome moi ben a pesar de que algúns días son máis cansos que outros a paisaxe é espectacular. O único punto negativo é a sinalización que me leva a perderme e facer máis quilómetros, pero aínda así estou cumprindo coas etapas que me marquei. Ademáis ao estar no interior pois a maior parte das veces non dispós de conexión a internet e non pode consultar o google maps.  

Que é o que lle está resultando máis duro?
O tempo que é moi inestable e case tódolos días levo molladuras e agora que empezo coas subidas de montaña e con pendentes  de ata o dezaoito por cento.

Xa se baixou da bici, logo, nalgunha costa ?
Xa me baixei, si (risas). Nalgunha costa e tamén para facer fotos. Hai unhas paisaxes preciosas que non quero deixar de inmortalizar. 

Como leva a soidade do Camiño?
Lévase ben porque sempre te atopas con algunha xente. Atopeime cunha mestra que saiu a pé dende París hai dous meses e que prevé chegar a Santiago en xuño do vindeiro ano. Estou durmindo en hoteis porque os albergues están a tope, pero supoño que si estivera alí pois podería falar con moita máis xente.
Xa empezou coa súa labor promocional da Festa do Marisco do Grove?
Estou na zona do interior de Farncia e aquí a xente non está recptiva. Levo as camisetas da Festa, pero os maillots aínda non os teño. De todas formas, cando cruce Francia pois xa poderei de forma máis activa promocionar a cita. En Pamplona, agardanme uns rapaces que van vir conmigo cos maillots e camisetas da Festa do Marisco.

RICARDO SÁNCHEZ Ciclista peregrino

Te puede interesar