Roki, Torda e Macario triunfan nos 120 anos da “Carreira de Burras”

Roki, Torda e Macario triunfan nos 120 anos da “Carreira de Burras”

Poucas probas poden presumir de ter acadado 120 edicións. A “Carreira de Burras” de Vilanova de Arousa si pode. Alcanzounas onte, en San Roque do Monte (Vilanova de Arousa), nun serán moi concurrido, o que amosa o bo estado de saúde desta tradición centenaria do corazón de O Salnés.


A expectación era máxima, non só polo marcado da cita e da súa efeméride, senón porque este ano, como novidade engadida, introduxéronse os disfraces durante a competición. Así que os risos estaban asegurados tanto pola destreza dos xinetes ao manexar as obedientes monturas, como polas indumentarias elixidas.

O podio
En total, correron doce burros e participaron 21 xinetes. Na categoría de homes, levouse o primeiro premio (100 euros e un saco de penso) Aníbal Linares Balnori “El Patillas”, con Roki. En mulleres, triunfou Sara García, a lomos de Torda. E en cativos, os máis veloces foron Carlos Vilas aos mandos, con Macario trotando sobre o asfalto.


A xornada desenrolouse sen grandes incidencias, coa colaboración, ademais, de Protección Civil e Policía Local. O circuito deu paso a unha tarde de xogos populares e posteriormente verbena, con Palladiun e Claxxon, para rematar cun especial espectáculo pirotécnico.

Roki, Torda e Macario triunfan nos 120 anos da “Carreira de Burras”

Te puede interesar