Sanxenxo acollerá o 24 e 25 un Foro para profesores de Automoción

Sanxenxo acollerá  o 24 e 25 un Foro  para profesores  de Automoción
a alcaldesa, no centro, presentou o foro xunto aos coordinadores desta iniciativa formativa para profesores

Profesores da rama de Automoción de institutos de toda Galicia daranse cita en Sanxenxo os vindeiros días 24 e 25 de maio. A localidade é o centro elexido para a celebración de un Foro de Formación Profesional no que se exporán as principais innovacións neste sector.
Está organizado pola Consellería de Educación coa colaboración do IES de Vilalonga, no que a Automoción ten un peso específico.
A coordinación de este evento vai da man de Rafael Domínguez e Julio Novoa, que acordaron abrir estas innovacións que se van presentar e analizar en Sanxenxo a todo o público en xeral, facéndoo partícipe do avance deste sector.
E para conseguilo estarán en Sanxenxo representantes das principais marcas de automoción.
O Foro estará dividido en dous bloques. O primero será teórico e específico para os formadores dos alumnos e desenvolverase nos salóns do Real Club Náutico de Sanxenxo.
As ponencias serán seguidas por uns 120 profesores das catro provincias galegas e versarán sobre as últimas innovacións dos vehículos alimentados por combustibles alternativos e vehículos híbridos.
As charlas estarán a cargo de investigadores e profesores nacionais dos temas de hidróxeno, gas e policombustibles  así como do desenvolvemento de neumáticos eficientes.
O uso do hidróxeno e GLP como alternativa ao petróleo e o estado da súa técnica actual serán algúns dos aspectos que se abordarán nestas xornadas formativas.
Pero o Foro terá tamén unha parte práctica, que permitirá amosar os últimos modelos de vehículos híbridos diesel e eléctricos e da nova clasificación enerxética de neumáticos, así como os últimos produtos en sair ao mercado de neumáticos ecolóxicos.
O Foro terá, por tanto, unha parte práctica que se desenvolverá no IES de Vilalonga e que permitirá facer diferentes demostracións, como por exemplo exercicios con neumáticos usados e novos para demostrar a diferencia de adherencia entre uns e outros no momento de frear.
Outra das actividades finais previstas no programa de este Foro terá lugar no circuito de karts de Major, donde terá lugar unha demostración de neumáticos de competición e un campionato de karts para os asistentes ao Foro.
A alcaldesa de Sanxenxo acudiu onte á presentación do Foro e destacou a importancia que ten para o municipio a celebración de eventos destas características así como o potencial que supón contar cun Instituto de Formación Profesional punteiro na rama de Automoción, dende o que coidan especialmente a conservación do medio ambiente.

Sanxenxo acollerá o 24 e 25 un Foro para profesores de Automoción

Te puede interesar