SANXENXO - “CxG da a todo o mundo a oportunidade de falar, algo que no PP non pasa dende hai moito tempo”

SANXENXO - “CxG da a todo o mundo a oportunidade de falar, algo que no PP non pasa dende hai moito tempo”
otero pombo, entre catalina gonzález e francisco villaverde, nun saludo a rajoy do pp de sanxenxo

Dende hai xa moitos anos, Manuel Otero Pombo é unha persoa que non pasa desapercibida en Sanxenxo, ainda que sempre se sentiu máis cómodo en papeis secundarios. A súa vida política remóntase á década dos 90, cando compartía bancada na oposición ás órdenes de Fernando Villaverde, no PP. Logo foi concelleiro, e incondicional, con Telmo Martín e tras dúas lexislatura deixou a vida política, ainda que non organizativa do PP. De feito, foi un dos pilares básicos na primeira campaña electoral da actual alcaldesa, Catalina González. Desavenencias inconcretas romperon aquel tandem e levaron a Otero Pombo a irse do PP e impulsar a constitución de SAL, que logrou tres concelleiros nas últimas municipais. Agora, da o paso para integrarse de xeito activo en Compromiso por Galicia.

Qué o animou a involucarse neste proxecto?
O momento económico e político que vivimos. Parece non importar o que pasa coas familias, cos parados, coas Pemes ou autónomos, como maiores empregadores do país, non importa se o custe dos nosos productos é maior que o prezo de venta, si o pequeno comercio pode subsistir etc. A impotencia xerada polas circusntancias. E creo que hai un modo moito máis sinxelo de darlle solucións ó cidadán.
 
Por qué decidiu participar abertamente nesta iniciativa?
Tiven a oportunidade de coñecer este proxecto dende dentro e gustoume. Persoas de distintas sensibilidades políticas poñéndose de acordo por un sentir común: Galicia e os galegos.

Qué pensa que pode aportar Compromiso a Galicia e a Sanxenxo?
Primeiro escoitar e oir aos veciños, autónomos e empresas. Logo ser quen de por en marcha outro xeito de facer política, sempre de cara ao cidadán; facer que a voz de todo aquel que o desexe, tanto se é albanel, parado, labrego, peón ou licenciado, pobre ou rico, xefe ou empregado. Darlle valor ao galeguismo que todos levamos dentro mais alá da lingua ou bandeira, deixando a un lado “falsos soberanismos ou independentismos”; pondo novos valores galeguistas como poden ser os  sistemas productivos desta terra.
De qué nos vale ser os mellores facendo barcos si non no los deixan facer? De qué vale ter a mellor flota pesqueira si non temos onde pescar?, De qué vale ser os mellores traballando a pedra e facendo casas si non temos casas que facer? De qué vale ter a mellor horta si logo nos invaden con produtos estranxeiros? De qué vale ter as mellores bateas si logo compramos o de Chile?

É compatible formar parte de Compromiso e defender as siglas de SAL en Sanxenxo?
Penso que sí. SAL en Sanxenxo  foi, é e vai ser o revulsivo que este pobo necesita. SAL ten un gran capital humano. O seu portavoz é unha grandísima persona. Todos os integrantes teñen moita ilusión e gañas de traballar, e Gonzalo ten o meu apoio incondicional, e el sabeo.
SAL é un partido de carácter local. Necesítase un a nivel nacional, capaz de levar a nosa voz a onde faga falta.

Cree que os seus movementos políticos poden ser malentendidos polos votantes de SAL?
Espero que non. Eu fun, e son,  solo unha persoa máis en SAL, a primeira forza da oposición, e con total independencia de quenes fumos no seu día os fundadores.

Parece que cando un militante abandona o PP, cóstalle encontrar acomodo político...
Eu despois das municipales todo o mundo me veu en mítines do PP, tanto a nivel local como comarcal,  creín en Mariano Rajoy e na xente do PP; votei e pedín o voto para o PP, pero síntome enganado como a maioría dos españois, e cando Rafa Cuiña me comenta o que se estaba a crear, mostreille o meu respeto e apoio; comenteino cos amigos e coñecidos e pedíronme que me implicase. Eu non mudei os pensamentos. Sempre me gustou falar alto e decir o que penso. Sempre se me poñía a carne de galiña cando un moi importante membro do PP de Galicia acababa os mitins decindo: “Por Galicia, Nai e Señora”. Sempre tiven un sentir galeguista. CxG é o partido que lle da a opurtunidade de falar a todo mundo, veña de onde veña... cousa que no PP hai tempo que non pasa.

Presentarase Compromiso ás eleccións municipais?
Antes están as Europeas , si para entón queda Europa... Pero para que non haxa malos entendido nin queden dúbidas eu, Manuel Otero Pombo, votarei a SAL nos vindeiros comicios locais.

SANXENXO - “CxG da a todo o mundo a oportunidade de falar, algo que no PP non pasa dende hai moito tempo”

Te puede interesar