“Saudarte” aterra en Exposalnés e aposta por “evadirse da realidade” a través da arte e non coa droga

“Saudarte” aterra en Exposalnés e aposta por “evadirse da realidade” a través da arte e non coa droga
Un grupo de alumnas, onte, na inauguración da mostra | gonzalo salgado

A Fundación Galega Contra o Narcotráfico e o Concello de Cambados presentaron onte en Exposalnés a XIV edición da exposición “Saudarte”, un proxecto de creación artística orientado a mozos coa que se pretende fomentar a súa ocupación construtiva para previr o consumo de estupefacientes.

Na mostra deste ano participan alumnos dos institutos Cabanillas, Asorey e da Academia Mon Costa, que onte asistiron á inauguración da exposición. Esta inclúe fundamentalmente pintura, en varias técnicas, e fotografía e poderase visitar ata o 4 de xuño polo público en xeral.
Tanto os directivos da Fundación, como o concelleiro de Cultura e unha das mestras que participaron no acto insistiron nos beneficios que a arte ten para o desenrolo persoal.

A docente Maribel Iglesias falaba no evento que “a arte funciona para evadirse da realidade, que ás veces, ou case sempre, é dura. E ten nisto un paralelismo coas drogas, porque moitas persoas úsanas para evadirse da realidade. Pero a arte faino de forma non tóxica, facendote ademais mellor persoa”.

Dende Concello e Fundación animaron aos estudantes a perseverar nas súas creacións, dandolles a oportunidade expoñer por primeira vez de cara ao gran público.

“Saudarte” aterra en Exposalnés e aposta por “evadirse da realidade” a través da arte e non coa droga

Te puede interesar