Sergio Abal Varela: “Somos a alternativa a PP e PSOE, pero un pacto é factible. Somos o voto útil”

Sergio Abal Varela: “Somos a alternativa a PP e PSOE, pero un pacto é factible. Somos o voto útil”
Diario de Arousa-9999-99-99-999-bcd7dfdf

Sergio Abal Varela é un dos paradigmas da política local. Xunto ao seu irmán, e hoxe rival político, cofundou Pode e a medio mandato certas “discrepancias” leváronno a seguir o seu camiño e crear Alternativa. Hai un ano sumouse ao proxecto de Ciudadanos;  unha marca nacional que defende coa “cabeza ben alta” porque está “limpa de corruptelas”. De feito, asegura que foi preciso incluír un certificado da inexistencia de antecedentes penais entre as súas credenciais para convertirse en militante. Pero tamén “ilusionante” porque lle permitirá “defender proxectos para Cambados a nivel nacional”. Cun equipo “ilusionado”, acode ás urnas por primeira vez como alcaldable e, segundo di, representando ao “voto útil”.

Nas anteriores eleccións ía de suplente en Cambados Pode que lle levou a dar o salto á primeira liña política e fundar Alternativa?

Había discrepancias sobre a xestión do partido, nas que non vou entrar porque forma parte do pasado, e decidimos fundar un partido independente como unha voz crítica. E na política como na vida, xurden oportunidades e Ciudadanos ofreceunos a integración e representar a un partido nivel naciona que che permite ter respaldo e defender a este nivel proxectos para Cambados. Somos a clara alternativa a PP e PSOE, que foron incapaces de chegar a acordos.

Son ademais unhas eleccións singulares para vostede. Un dos seus rivais políticos é o seu irmán. As malas linguas din que se presenta por desquite?

Non. Preséntome por coherencia política, non podo defender un proxecto no que non creo e Cambados precisa o de Ciudadanos. É un partido moderado e cubre un espazo que non estaba cuberto

Será difícil sacar maiorías o 26-M, á hora de pactar, miraría a esquerda ou a dereita?

Ás veces o importante non é con quen se pacta se non para que. É factible un acordo co PP ou co PSOE, polo tanto se logramos os apoios para ser decisivos valoraremos os seus proxectos e veremos que pacto é o mellor para a vila.

E o resto de forzas do panorama actual, Pode, Somos e o Bloque quedan descartadas?

Co nacionalismo non temos nada falar e con Podemos tampouco. 

Como viu ao cuatripartito? Chamoulle o “Gran Hermano”

É unha comparación porque, incluíndo á oposición, todo foi discutir e insultarse;  non é serio. O cuatripartito viviu ameazado pola ruptura, e así é moi díficil que os servizos funcionen ben, e o PP foi destrutivo e desleal. Está ben criticar porque as cousas se fixeron mal, pero tamén hai que arrimar o ombro e o único que lle importou foi desgastar para volver ao poder canto antes. Un exemplo foi a Cidade Europea do Viño. O delegado da Xunta José Manuel Cores Tourís é cambadés, foi alcalde, e non trouxeron un só euro e, ao final, non foi un ano marabilloso, fíxose improvisando, pero sen cartos a Concellería de Enoturismo fixo o que puido. Ademais, o mal funcionamiento de moitos servizos é herdanza de Luis Aragunde. En 15 anos non foi capaz de solucionalo. Bueno, pois igual somos nós os que temos que por solución. 

Que cambios considera prioritarios se alcanzan o goberno?

Non se pode facer todo dun día para outro e o máis urxente de solucionar son tres cuestións. Servizos Sociais está colapsado, é inaceptable esperar tres meses por unha cita; hai que acurtar o prazo de concesión de licencias a algo razoable, estase a tardar un ano e isto frea o emprego e o crecemeneto do concello, ademais de causar molestias aos veciños, que pagan impostos e o mínimo que esixen é recibir bos servizos. Tamén falla a limpeza e por iso queremos crear un plan anual. 

Mantería algo?

Non se fixo practicamente nada. Cambiar unha farola e sacar a foto, é populismo. Se logrou a Cidade Europea do Viño, ben, pero a piscina era un compromiso anterior, a praza de abastos, paralizada porque o goberno non fai os trámites en tempo e forma e o PP veña a retrasala para inugurala eles .... Que obras importantes se fixeron? E o PSOE... A alcaldesa anunciou o novo cuartel e unha semana despois quedou en evidencia, era papel mollado. Gobernan en Madrid e na Deputación, pero non se fixo nada. Tampouco antes, en épocas de bonanza e con deputados cambadeses. Cando veñen as eleccións venden grandes obras, pero é fume. Nos toman o pelo.

E a peonalización de Fefiñáns?

É un acerto e nunca pactariamos cun goberno que a abra, pero hai que humanizar a zona, dotala de infraestruturas (bancos, papeleiras, etc.) e dinamizala (concertos e actividades) cun plan consensuado. Non se pode pechar sen un proceso previo e crear conflitos cos hosteleiros e comerciantes. De feito, moitos están molestos por isto. Non vale pechala con fins electoralistas, levando un mérito –quen non quería ao principio– que é de todos. Iso é populismo.

Que outras liñas leva o seu programa electoral?

Axudar aos emprendedores (alivio fiscal e unha oficina de asesoramento), pero tamén ás familias con todos os seus membros no paro cun 50% de bonificación nos impostos e que poidan fraccionar os pagos. Non ten sentido pedirlle que os paguen se non poden, polo menos hai que darlles un alivio.

E algunha gran obra?

Non podemos vender un proxecto dun ou dous millóns porque o orzamento municipal é o que é, pero comprometémonos a xestionalos ante outras administracións. 

Algunha que avanzar? O cuartel?

Non imos desvelalo agora porque sería contraproducente, pero o prezo de pactar con Ciudanos vai conlevar un compromiso tanto do PP como do PSOE de infraestruturas e melloras de servizos das adminstracións que gobernan no Estado, Galicia e en Pontevedra  e firmado polo presidente da Xunta, da Deputación ou un ministro, e con prazos, non nos vale papel mollado asinado por Fátima Abal e Luis Aragunde. Hai moitos, pero por poñer un exemplo, acabar coas deficiencias do servizo do centro de saúde, outra liña vermella, e o cuartel. Está claro que Ciudadanos é un voto útil porque conleva que poidamos esixirlle a outros partidos que cumpran.

Sergio Abal Varela: “Somos a alternativa a PP e PSOE, pero un pacto é factible. Somos o voto útil”

Te puede interesar