Telmo Martín: “Dame vergoña allea e ata a risa que digan que a recepción do polígono é light”

Telmo Martín: “Dame vergoña allea e ata a risa que digan que a recepción do polígono é light”
Diario de Arousa-2019-05-19-017-cbb75706

O candidato popular, Telmo Martín, (Meaño, 1958) concurre ás vindeiras eleccións municipais  para revalidar a Alcaldía de Sanxenxo.  “Aspiro a medalla de ouro, que sería a maioría absoluta porque creo que a merezo polo traballo que fixemos”, asegura.

Chegou á Alcaldía a metade de mandato, cal é o balance que fai destes dous anos de goberno? 

Non pode ser un balance máis positivo sobre todo despois de como comenzou o mandato en 2015. Para moitos serían como catro mandatos tanto polos proxectos como a nivel xestión política, deportiva e económica. Pese ao que di a oposición todas as obras que se fixeron, que se están a facer e que se farán son necesarias para Sanxenxo e senon que digan cales non. 
 
Acostumado a gobernar en solitario e por maioría, estivo cómodo estes dous anos co seu socio de goberno? 

A ver eu creo que hai dúas maneiras de xestionar o público. Unha xa o demostrou SAL con dous anos ao fronte do goberno e outra o o PP nestes dous últimos anos. O ritmo de traballo que lle impoño eu a xestión pública é difícil de seguir e ás veces, non digo neste caso, se tes persoas que che cargan a mochila de pedras pois custa máis. 

O candidato de SAL á Alcaldía acusao de prepotente e de querer atribuirse os méritos do goberno e ve difícil reeditar o pacto co PP. 

De prepotente nada, pero como di unha amiga miña o que é medible non é opinable. Estou seguro que si se collen os medios de comunicación saiu máis veces Gonzalo Pita en fotos que eu, pero iso non supón un problema para min porque eu ao que me dedico é a traballar e sacar proxectos adiante para os veciños. Creo que foi un erro que dixera iso, pero ao mellor non ten a conciencia tranquila 

Un logro destes dous anos de mandato foi a recepción do parque empresarial de Nantes.

Non é un logro para min senon para Sanxenxo e, de forma especial, para pequenos empresarios e autónomos que dispoñen dun parque empresarial dunha gran envergadura tanto a nivel de ubicación como de espazo. Se me metín na política non foi para crear problemas senon para resolvelos. 

A oposición di que se trata dunha recepción de mínimos e que pode acarrear problemas a longo prazo

Dame vergoña allea e ata a risa que a oposición diga que é unha recepción light. O parque ten todas as bendicións para calquera empresa, a non ser que veña unha empresa cunha fabricación que non interese porque sexa contaminante. Estamos nun concello turístico e iso temos que coidalo.

Foi un mandato con grandes proxectos, pero no que volveu quedar pendente a rexeneración de A Carabuxeira? 

Non se quedou atrás para nada. Dende Nauta Sanxenxo fixose unha mesa de traballo que inclúe un paseo para protexer as vivendas colindantes e estase traballando según os puntos que se acordaron. 

Cre que a petición da execución do aval a Costas foi acertado?

Non, complicou as cousas e, sinceramente, eu nunca o faría.

En agosto celebrarase o Maestral Music Festival de Sanxenxo no polígono de Nantes, que lle fixo aceptar esta proposta no mes de máis visitantes do verán?

O que me convenceu en primeiro lugar é que non lle custa un euro ao Concello e en segundo lugar que non perxudica a ninguén senon todo o contrario porque é ampliar a oferta de ocio aos nosos visitantes. O único que nos preocupa é que non sexa un desmadre e para iso a empresa xa ten presentado un proxecto coas medidas de seguridade e horarios que están a analizar os nosos técnicos. Iso que din algúns interesadamente de que se vai vender comida e que se vai facer acampada non é certo. 

Unha das patacas quentes que se queda para o vindeiro goberno será a sentenza da finca das Cunchas. Por que non afrontou o pago do fallo que xa é firme?

Coa  sentenza de Rocafort vai a haber moitas sorpresas e creo que vai a acabar sendo un tema positivo para o Concello porque sei que temos que pagar agora uns catro millóns e medio, pero se segue o PP ao fronte do goberno non vai ser un problema senon unha oportunidade. 

Que proxectos ten o PP para Sanxenxo para os vindeiros catro anos? 

A remodelación do porto de Portonovo é un proxecto co que xa empezamos e vamos continuar para recuperar o impulso da vilña mariñeira. Outro dos obxectivos primordiais para nós é que o rural non viva de forma diferente ás vilas de Sanxenxo e Portonovo e para iso temos que acabar co saneamento pendente no rural para o que fan falta tres millóns e medio de euros e calculamos uns oito millóns para o asfaltado e iluminación. 

Preocúpalle que nestas eleccións a dereita estea tan desmembrada? 

Se facemos un símil deportivo todos os partidos van a pola medalla de ouro que é a maioría absoluta e a min gustaríame ganala porque creo que a merezo. Se saco a medalla de prata optaría por gobernar en minoría sempre e cando as persoas que saian elexidas doutro partido estean dispostas a traballar por Sanxenxo.

Telmo Martín: “Dame vergoña allea e ata a risa que digan que a recepción do polígono é light”

Te puede interesar