Un total de 200 rapaces inician hoxe a quinta quenda do campamento “Depo Aventura”

Un total de 200 rapaces inician hoxe a quinta quenda do campamento “Depo Aventura”
Mozos do cuarto turno do campamento na actividade “Violencia Zero” da Deputación | cedida

A quinta quenda do campamento de verán “Depo Aventura A Lanzada” inaúgurase hoxe da man da deputada de Xuventude e Cohesión Social, Digna Rivas. Este programa da Deputación de Pontevedra, que está destinado a nenos da provincia de entre 8 e 13 anos, desenvolverase ata o 8 de setembro no Centro de Vacacións da Lanzada. Fontes provinciais explicaron que esta quenda contará, igual que as posteriores, con 200 participantes. A finalidade deste programa é a de achegar á mocidade actividades que contribúan ao seu enriquecemento persoal, á adquisición de habilidades sociais e ao coñecemento de espazos de interese fóra da súa contorna habitual. Polo tanto, as actividades ofertadas son de carácter lúdico-educativo, cultural, deportivo ou formativo.
A principal novidade do “Depo Aventura” desta tempada 2018 vén dada pola resposta e o compromiso adquirido tras a vaga de lumes de introducir actividades de formación e educación ambiental. Por iso, en cada unha das quendas está tendo lugar unha actividade centrada na concienciación sobre a posta en valor dos montes e na prevención dos lumes.
En total, as prazas ofertadas pola institución provincial para este campamento de verán ascenderon a 2.200, sendo 300 delas gratuítas para aquelas familias que se atopen en situación ou risco de exclusión social, algo que o goberno de Carmela Silva leva facendo dende a súa chegada.
Xunto a esta actividade, os campamentos da Deputación tamén están orientados á consecución de hábitos saudables, ao fomento de actitudes solidarias e de convivencia, á promoción da educación e igualdade de xénero e ao fomento do respecto ao medio ambiente. Ademais, tamén se inclúe unha visita á Illa de Ons e outra de carácter cultural, deportiva ou relacionada coa natureza e, ao igual que aconteceu o ano pasado, deberanse impulsar actividades en lingua inglesa. l

Un total de 200 rapaces inician hoxe a quinta quenda do campamento “Depo Aventura”

Te puede interesar