sábado 24/10/20

De Vacas, Touriñán e Batallán conforman o cartel do Espeto máis controlado da historia

A recollida dos lotes de carneiro para que os veciños os leven ás súas casas será este ano no anexo do edificio Multiusos
Moraña presentou onte o cartel do Carneiro ao Espeto |
Moraña presentou onte o cartel do Carneiro ao Espeto |
O Concello de Moraña presentou onte o cartel musical e de actividades para a edición máis atípica do Carneiro ao Espeto, unha das únicas citas festeiras que se mantén no calendario do verán tras a crise sanitaria do coronavirus. O Espeto será diferente a anos anteriores, pero haberá arredor de 22 actividades culturais entre as que destacar as actuacións musicais de De Vacas (o día 24); de Emilio Batallán o 25 e de Galifunk Brass e Queimán e Pousa na xornada do 26. Será precisamente este domingo cando terá lugar o espectáculo de humor a cargo de Xosé Antonio Touriñán a partir das 12.30 horas e para o que será preciso retirar invitación na Casa da Cultura. A actuación do cómico galego faise xusto antes do inicio da recollida dos lotes de carneiro que este ano cadaquén deberá disfrutar nas súas casas ao terse suspendido a comida multitudinaria. Para garantir as medidas sanitarias a recollida será a partir da unha e media da tarde na explanada anexa ao edificio Multiusos. Ademais das múltiplesa actividades para os máis novos como xogos multiaventura ou a “Ruta dos artistas” coa participación de 20 creadores locais a programación arrinca o día 10 coa actuación de Rogelia dos Outeiros e o sábado 11 coa edición particular de “Espétalle un Pincho” con aforo limitado a 30 persoas para o showcooking da man do cociñeiro Miguel Piñeiro.

Comentarios