A Xunta autoriza a Educación a contratación da obra do colexio do Revel por 5,1 millóns de euros

A Xunta autoriza a Educación a contratación da obra do colexio do Revel por 5,1 millóns de euros
Parcela na que está previsto que se constrúa o colexio de Vilalonga | d.a.

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional licitará este mes a obra do novo CEIP no Revel en Vilalonga. O Consello da Xunta autorizou onte a tramitación do expediente de contratación da obra de construción deste colexio de educación infantil e primaria, unha obra prevista no Plan de infraestruturas 2016/21 e que contará cun orzamento de 5.138.980,53 euros. A previsión é que o centro, que terá capacidade para 450 alumnas e alumnos, estea operativo no curso 2020/21.

O novo colexio dará resposta ás necesidades de escolarización dunha zona na que o centro de referencia é o CEIP Cruceiro, moi antigo. O centro albergará 18 aulas docentes (6 de infantil e 12 de primaria), 4 aulas de apoio educativo, aula de usos múltiples, biblioteca, aulas de informática e música, ximnasio e comedor, así como unha zona de administración que incluirá despacho do director, do xefe de estudos e de coordinación e orientación, secretaría e arquivos, sala de profesores, ANPA, aseos e conserxería. Así mesmo, contará cos servizos comúns correspondentes. O edificio estruturarase en tres plantas, pequeno semisoto, planta baixa e primeira. Na planta semisoto situaranse as zonas de instalacións e o ximnasio, mentres que a planta baixa albergará os accesos ao centro, a sala de comedor-usos múltiples, sala de profesores, administración, aulas de infantil e desdobre, así como a biblioteca, aula de informática e un gran patio central. Na planta primeira estarán as aulas de primaria, a de música e a de orientación. Na zona sur na zona libre da parcela haberá unha pista polideportiva.


Por outro lado, o goberno local calificou onte de “sorprendente” a petición de proxecto do colexio realizada por Rodríguez Búa. “En lugar de aledarse de que a Xunta dea o paso definitivo para a adxudicar as obras do colexio de Vilalonga amósase molesta”, dixo.

A Xunta autoriza a Educación a contratación da obra do colexio do Revel por 5,1 millóns de euros

Te puede interesar