miércoles 28/10/20

A Xunta e o Concello firman un convenio para facer catas arqueolóxicas en Cálago

O Concello de Vilanova de Arousa e a Consellería de Cultura da Xunta de Galicia firmaron un convenio de colaboración que permitirá realizar catas arqueolóxicas en busca de restos históricos no entorno da torre ou campanario de Cálago.

O campanario é o emblema da vila e o resto histórico máis evidente no entorno | b. y.
O campanario é o emblema da vila e o resto histórico máis evidente no entorno | b. y.

O Concello de Vilanova de Arousa e a Consellería de Cultura da Xunta de Galicia firmaron un convenio de colaboración que permitirá realizar catas arqueolóxicas en busca de restos históricos no entorno da torre ou campanario de Cálago.
En concreto, os sondeos tratarán de atopar restos construtivos do histórico mosteiro e do aínda máis antigo poboado castrexo na zona, cuns 12.000 euros de inversión. A Xunta aportará 6.000 dentro desta anualidade o Concello completará o presuposto cunha aportación análoga.


Traballos a realizar
As tarefas a desenrolar nos vindeiros meses serán de realización de sondaxes arqueolóxicas para a documentación e a valorización patrimonial do castro e mosteiro de Cálago. Posteriormente, tamén se prevé o tapado das catas realizadas, para preservar o xacemento e devolver o entorno ao estario anterior á intervención.
Por último, o convenio inclúe actuación para a difusión da actuación realizada, no interese común de ambas administracións de pór en valor o xacemento, a súa conservación e divulgación da historia e do patrimonio cultural e histórico, sinala o acordo.
En cumprimento do acordado neste texto, o Concello vilanovés queda na obriga de encargarse da contratación dos medios humanos, técnicos e materiais necesarios para poder desenvolver as tarefas previstas.
Do mesmo xeito, será a administración local a encargada de elaborar e presentar perante a Consellería o correspondente proxecto de intervención, previa a esta. Tamén será labor do Concello vilanovés solicitar do departamento autonómico os informes e autorizacións preceptivas, toda vez que a zona se atopa incluida dentro do Catálogo do Patrimonio Cultural.
Para un correcto seguimento dos pasos dados nesta iniciativa, as partes tamén acordan a creación dunha comisión mixta con representantes locais e autonómicos.

Catro lugares a escavar
En canto á intervención en si mesma, está prevista a realización de catro sondaxes, unha ao pé do campanario, outra na croa ou parte máis alta do castro, unha terceira donde se presupón a ubicación da muralla e outra onde se erguía o antiguo mosteiro.
A escavación a carón do campanario farase no entorno donde Francisco Peña González-Montenegro atopara unha fíbula que doou ao Museo de Pontevedra en 1953. Con esta intervención quérese coñecer sobre que estrutura se asentaba un mosteiro do que hai constancia documental a lo menos dende o ano 929 da nosa Era e que chegou a ter privilexio de coto, outorgado polo rei Alfonso IV, tras un rogo do obispo Hermenexildo de Santiago.
A procura de restos no castro permitirá descubrir que tipos de estrutura existían, vivendas, plantas circulares ou cadradas e calquera outra instalación.
As catas na muralla queren coñecer o seu grado de conservación. No caso da cata prevista no entorno do actual cemiterio, buscaranse restos construtivos que axuden a comprender os diferentes periodos de ocupación e tipos de construcións erguidas, cuxos restos puideron sobrevivir soterrados dende a Alta Idade Media.

Posible escavación final
Os descubrimentos que poidan documentarse neste proxecto serán claves para a xustificación de intervencións posteriores de máis calado que poidan ter como obxectivo sacar á luz as construcións baixo terra, para a súa consolidación, de xeito que poidan ser visitables para o público en xeral nun futuro.

Comentarios