Dende Cambados a Naiciña apoia este ano as convocatorias de outras plataformas feministas, sexan de corte institucional ou non. Porque, por unha banda recoñecemos que inda non fumos capaces de superar a morte da nosa compañeira e presidenta Rocío, que era a que poñía a pel e a cara por todas nós onde fixera falta; pero ademais pensamos que o feminismo non está para poñerse paus nas rodas das outras, se seguimos dividíndonos ao fin non poderemos ser movemento de nada. Estamos aquí, nese momento de «calma chicha» que significa seguir pensando a realidade pero recoñecer as propias forzas. O que nos preocupa? O que nos parece mais urxente ? Que neste contexto de inestabilidade e de guerra en Europa sigamos pensando nos dereitos das mulleres, que recordemos que nas guerras somos especialmente vulnerables, que as violacións como arma de guerra, que os secuestros para o tráfico de seres humanos son unha emerxencia do feminismo, non desaparecen as outras, agora temos unha carga moral mais. Non podemos deixar de ser feministas, por desgracia, non podemos.

Te puede interesar