Do desconcerto

O desconcerto é coma un vento súbito que aparece por sorpresa e que incumpre as leis da normalidade e da racionalidade establecidas.  Acostumados ás navegacións rutinarias, a seguir os camiños habituais e ao facer mecanicamente sen ter que pensalo moito, calquera cambio ou alteración dos rumbos prefixados, desemboca inevitablemente nunha alarma preventiva. Ou cando menos nunha certa preocupación, previa a que as explicacións oficiais, deixen cada cousa no seu sitio. Ultimamente, con tanto acontecemento inesperado, pasamos da sorpresa  á desazón e dende aí, ao temido desconcerto. Resulta que foi un home de 74 anos  o responsable dos envíos das cartas bomba. Nin grupos organizados, nin axentes 007 con licencia para matar, nin servicios secretos de turno. Manexo informático, compra on line e coñecementos de tecnoloxía para montaxe dos envíos, evidencia que a idade hoxe non é un obstáculo para case nada. Un sancristán é asasinado e un sacerdote resulta ferido, a mans dun radicalizado islamista armado cun machete. E toda a clase política sensata e a Conferencia Episcopal, declaran que non é culpa das relixións, nin da inmigración; pero Feijoo, saltándose a liña oficial do seu partido manifestada por Cuca Gamarra, volve a meterse nun berenxenal gratuíto e sen ser necesario. O de Feijoo xa é de gravidade evidente, e os seus correlixionarios pasaron da sorpresa á desorientación, e agora ao desconcerto. Semellase que o cargo de presidir o PP lle viñera demasiado grande. Para máis inri, o clásico periodista e académico Ansón fai público no seu artigo, as moitas bondades e virtudes de Isabel Díaz Ayuso, e o gran asesoramento que recibe de Miguel Angel Rodríguez. Acaso unha casualidade? Ou un aviso a navegantes? O desconcerto, por definición, é un estado de ánimo que nace da decepción e fomenta o desencanto. Inevitablemente, o desenlace sempre conduce ao fracaso.
 

Agardarte é un grito silencioso e lento; Ten a eternidade imposible do universo...

Do desconcerto

Te puede interesar