lll

Recibe cada mañana las últimas noticias. REGISTRARME

Recibe las noticias desde Telegram. ÚNETE

A espada de María Pita

A cantidade de polémicas absurdas que vivimos á semana leva camiño de converter a actualidade nunha parodia. E, ollo, que habendo de todo, o habitual non é que esas serpes de verán saian da abrasada mente de xornalistas con resaca, senón que veñen desde altas instancias políticas, daqueles que en principio disque son os mellor preparados para xestionar a sociedade. En fin.


A última xa a coñecen. O grupo de amiguetes ao que quedou reducido Podemos volveu poñer voz ás inquedanzas do pobo que ao pobo non lle importan, e denunciou un suposto desprezo de Felipe VI á espada de Simón Bolívar na toma de posesión do novo presidente de Colombia, Gustavo Petro, que nin se enterou ou lle interesou cero o hipotético suceso. Pero como vivimos tempos pracenteros, sen guerras ou inflacción ou catástrofes climáticas, a célula de Galapagar centrouse no tema e, por suposto, obtivo o eco esperado na beira contraria, onde o ridículo alcanzou novas formas, esta vez sazonadas de fazañas bélicas de hai moitos séculos, arcabuces en ultramar e moita gallardía patriótica, que á vista das imaxes en Mallorca un par de días despois non parece ser o que máis motiva hoxe á Casa Real española.


O disparate supoño que quedará aí, nunha nova sesión de fogos artificiais en twitter, pero dentro da súa inutilidade si inspirou algo: se en Colombia sacan espadas nos momentos solemnes da presidencia, non deberíamos facer nós algo así? O debate está aberto, pero en caso de concretarse a favor, na Coruña teríamos que tomar algunha decisión antes. O noso Bolívar ‘Libertador’ é unha muller, María Pita. Como a integramos nun cerimonial dese tipo? Pasearemos a súa espada? Cal foi a súa arma?


Polo tanto, temos que elixir en exquisita conversa cidadá entre as tres opcións existentes. A primeira é a lanza, a que ondea ao vento na estatua de María Pita que preside o quilómetro cero da cidade, obra de Xosé Castiñeiras. Con todo, é a elección máis aparatosa e con menos soporte histórico, clara candidata ao descarte. Pasa o contrario coa segunda opción, a espada, que é o que a heroina coruñesa utiliza contra o invasor no mítico cadro de Arturo Fernández Cersa que preside a alcaldía da cidade. Atención a esta posibilidade, que ademais podemos falsificar alegremente grazas a algunha das espadas de época que se gardan na Casa-Museo ou en San Antón.


Pero a miña opción preferida é a terceira. Os documentos indican que nos primeiros intres da bulla, María Pita rexeitou aos británicos a base de pedradas. Aí está. Temos o símbolo. Un humilde pero efectivo pedrolo da Cidade Alta. Marabilla coruñesa. Que ademais sempre podremos reutilizar contra a cabeza do que non lle garde o debido respecto ou invente polémicas sobre ela. Que con Bolívar facede o que vos pete, pero a María Pita nin tocala. Ojito ahí.

 

A espada de María Pita

Te puede interesar