Guerra, paz e medo

Non creo que exista moita xente (algunha haberá) que desfrute en tempos de tensións prebélicas e con espadas pendentes do aire. Son, para case todo o mundo, vivencias angustiosas e preocupantes. Hai poucos días souben da historia dun pai de tres fillos que vive a 20 quilómetros da fronteira rusa e que, como reacción ante o medo, comprou un fusil. Eu non dou entendido que vai a axudar iso, pois probablemente sexa o máis inútil nunha situación así, aínda que resúltame difícil crerme capaz de discutirlle nada a ese home sobre o medo.


Seguro que unha persoa que se manifesta contra un cumio da OTAN en España faino convencida de que está contribuíndo a un mundo máis xusto, pero pásame algo parecido neste caso. Ao igual que un fusil na casa (nin dous, nin cinco) non vai parar unha invasión rusa, tampouco vexo que protestar contra os inimigos de Putin vaia parar a Putin.


No mundo real no que vivimos precisamos esforzar máis do que nos entre na cabeza para non ter que recorrer á forza pero, ao igual que os nenos pequenos que acudían aos seus irmáns maiores no recreo porque un abusón lles quería quitar o bocadillo, é necesario entenderse e unirse para ser máis fortes. É a maneira, dura pero real, de poñer un muro (moito máis que construír un muro de verdade). Anda tan tolo o mundo que seica non traballan para a paz os que pretenden parar a guerra.


O triste do mundo actual é que non hai outro, polo que debemos utilizar as ferramentas que temos neste para transformalo. Negar iso é un truco para escabullirse da responsabilidade de ser imperfecto, de amosar dúbidas, de ter aristas e de asumir as propias contradicións. É lexítimo querer ser puro e crítico feroz cos que non teñen o privilexio de selo, pero resolve poucas cousas. Pola contra, é tan posible defender a vontade de paz en base á fortaleza do conxunto que parece ser o único camiño viable. Porque cando toca defender a paz, é porque hai alguén atacándoa.

Guerra, paz e medo

Te puede interesar