A música do verán

hegou o verán. Veu coa resaca do resultado electoral desta pasada fin de semana na comunidade política das terras andaluzas, confirmando novamente que as vitorias teñen mil nais e pais e as derrotas son todas orfas; e no medio do fragor da batalla posterior por construír un relato que se adapte ao interese actual e futuro de cada organización en competencia, ata o estremo de comprobar que as veces a política complícase tanto que xa non se sabe quen é, ou non, dos nosos.

Incríbel, certamente. Mais este pasado 21 de xuño, ás 11 horas e 13 minutos, arrincou o verán. De considerar esta afirmación un artificio de ficción, véxanse os datos fornecidos polo Observatorio Astronómico, OAN, que tamén informou que este ano a estación estival durará noventa e tres días; e dicir, dous días após o teórico 21 de setembro, data na que oficialmente comezan os outonos. Certo é que se polo índice da calor tomásemos esta referencia, tempo hai que xa andamos no verán. Aínda así, para aqueles que pensaban que o verán xa comezara confundidos pola onda de calor abafante, nos territorio do sur, do levante ou da meseta peninsular e algo máis comedida nas galegas, estaban moi lonxe da realidade, sen deixar de apuntar que este incremento das temperaturas é causa que fixo acender as alarmas respecto da emerxencia climática, porque o clima extremo de pasados días foi nunha primavera alterada na súa temperatura media normal.

Con todo, na data e hora antes sinalada polos astrónomos, o noso astro Sol en relación á Terra que habitamos, e pola inclinación máis acusada do Polo norte de cara á fonte da luz astral, é cando se produce neste hemisferio norte planetario o fenómeno do solsticio de verán; a do día máis longo de cada ano, a que contará coa máis grande cantidade de luz diúrna. Contraria á que por similitude na parte sur mundial do hemisferio sur agora entra de cheo no inverno austral. A mudanza nos patróns climáticos e do acelerado quentamento global apuntan un diferente verán meteorolóxico do normal.


Velaí, a meteoroloxía é unha ciencia de sensacións e ese disco de memoria na que se gardan as condicións atmosféricas non parece funcionar demasiado ben, cousa que produce ás veces a sensación equivocada do que sucede co tempo. Porén, os datos poñen as cousas no seu sitio. Claro é, toca buscar relato ás causas do desastre, como na política, e neste caso o efecto negativo é culpa de “A Nena”, ese vento oceánico que neste ano fai o que lle vén en gana e non se comporta como debería facer segundo os modelos científicos, ameazando seguir activo por terceiro ano máis.


Por iso, ficou lastrado o Día Mundial da Música, creado por unha histórica iniciativa da UNESCO, en 1975, para festexar nas rúas e prazas públicas o solsticio de verán. E todo, malia que a Axencia de Meteoroloxía prevé que os próximos meses serán máis secos e cálidos do habitual, cunha acusada ausencia de chuvia nestes pagos da cornixa atlántica, aquí choveu. Si. Por riba, choveu.

A música do verán

Te puede interesar