Ocultar a merda debaixo da bandeira

Parecera que quero falar sobre españolismo rancio ou soflamas fascistas, das que ultimamente ocupan moitos minutos na telebasura estatal, pero non, había tempos nos que a merda se ocultaba debaixo da alfombra, así case todas as casas ocultan tesouros de basura debaixo da alfombra do salón, do propio sofá e sobre todo das camas.


Nesta cultura vive o goberno local, que cree que a súa inutilidade coas praias do concello pode ocultarse coa bandeira azul, un emblema cada vez máis mercantilista e dende logo que pouco ten a ver coa calidade nin ambiental nin paisaxística. A bandeira que imos inau­gurar nas nosas praiais no pode ocultar a cementización da súa contorna, o absurdo das piscinas de mar ou a situación de abandono do regato da Tripeira que desemboca na prara da Concha.


Pero non so utiliza o goberno a bandeira azul para ocultar cousas, levamos meses, diría que anos, onde a ineficacia do goberno escúdase debaixo das promesas, e os anuncios das obras, obras que se demoran anos, un exemplo a casa de Jaureguizar, en pleno casco urbano, adquirida polo concello e esmorecendo en ruínas nun entorno que debera ser coidado e mimado, ou o parque Miguel Hernandez, bacheado e parcheado namentras gastamos cartos en comprar terreos que xa eran públicos.


Pero si esto pasa cos obras visibles, seguimos esperando a remodelación do Cavadelo, á verdadeira dinamización do mercado, a humanización dos Duráns, peor aínda coas cousas que non se ven, as cousas do comer, un goberno serio debería preocuparse por atraer investimento e emprego para Vilagarcía, salvo Cefrico hoxe ningunha empresa resulta atraída por Vilagarcía, quizáis porque o acomodo dun goberno que no invita a ofertar e estimular ao inversores. Parece que as prioirdades políticas do goberno municipal van máis na liña de garantir a benestar ao seu entorno que en mellorar o benestar do conxunto da veciñanza. Hoxe faltan en Vilagarcía programas serios que permitan atraer empresas e xerar emprego, mais alá do reparto de miseria en forma de contratos basura temporales, que é como entende o goberno a empregabilidade.


Logo te atopas con cousas como promocionar a praza de abastos con fondos Next Generation, utilizando unha partida que de inicio estaba pensada para axudar as familias… cousas veredes, pero diso igual falamos outro día.

Ocultar a merda debaixo da bandeira

Te puede interesar