Secuela demográfica do clima

Secuela, para o noso dicionario lingüístico, é palabra con tres distintos significados que, aínda que no fondo son ben diferentes, comparte un tronco común que vén moi a conto desta reflexión. O primeiro fai referencia ao efecto, xeralmente negativo, que se orixina como consecuencia de algo. Logo, no ámbito da medicina, é expresión do trastorno ou lesión que persiste tras a curación dunha enfermidade ou dun traumatismo. E, finalmente, tamén é sinónimo da obra literaria ou cinematográfica que continúa coa trama, argumento ou personaxes doutra anterior. Pois ben, todo iso conflúe na emerxencia climática que vén de atrás, con claro efecto negativo que persiste sen esperanza de curación nun nunha trama que apunta a unha fin tráxica para o colectivo humano.


Sen discusión, o cambio climático, digamos máis honestamente a emerxencia climática, é unha realidade que ameaza o futuro da Terra. Unha situación que, alén do interese mercantil conxurado en negar esta situación de clara alerta vermella, é a chamada eco-ansiedade, as secuelas psicolóxicas que provoca nas persoas unha mudanza con radical impacto nos comportamentos a futuro, xunta das alteracións na saúde física, mental ou comunitaria. Entre eles, na demografía.


É seguro que moitas das tendencias que xa existen na nosa sociedade agravaranse nas próximas décadas como resultado de adaptación ás novas condicións do clima. A natalidade é unha delas. A súa caída é unha dinámica xa en marcha imparábel. O propio Banco Mundial prevé que a fertilidade a nivel mundial diminúa cara final do presente século para situarse por baixo da taxa de renovación natural. Matematicamente, a partir dese momento a poboación planetaria reduciríase. Neste noso vello continente, Europa, o asunto vai moito máis acelerado de xeito que, para moitos académicos das estatísticas demográfica, estamos no máximo histórico e no que resta de século a diminución da poboación residente superaría con moito os cen millóns menos de habitantes.


As causas están aquí, e persisten sen solución política, entre elas as variables máis importantes na natalidade é que as parellas non teñen suficiente seguridade e confianza económica, non só para ter fillos, senón tamén para mantelos no medio e longo prazo. A maior parte das causas da caída da natalidade nas últimas décadas foron socioeconómicas, como a inestabilidade laboral, as dificultades para a conciliación ou o seus efectos sobre as carreiras profesionais, sobre todo das mulleres. O previsible e lóxico é que que o cambio climático incremente a incerteza sobre todos estes factores e por sen consecuencia da irresponsábel actividade humana, o seu mecanismo de corrección racional é a redución da poboación no planeta, tirando do control fácil: Da natalidade.


A presión sobre as pensión, a atención sanitaria ou os sistemas fiscais causará estres nas costuras dos nosos tecidos sociais, moito máis delicados do que moitos cren. Sen solución fácil.

Secuela demográfica do clima

Te puede interesar