Sen medo, con precaución, con vacinas

O virus muta, os contaxios aumentan, os temores volven. Parece unha cadea irrompible, pero non debera. Que o virus mute é, en realidade, unha noticia que amosa que estamos combatindo ben. Porque o obxectivo do virus é sobrevivir, e para iso debe infectar. Por eso muta, porque necesita atopar novas formas de atacarnos e co que fixo ata o de agora xa estaba acorralado.


Os contaxios aumentan, si. Pero debemos recoñecer que o impacto de cada contaxio é menor e que os efectos graves son claramente menos graves. Existen problemas? Si, e non debemos baixar a garda, pero hoxe estamos mellor preparados para que o dano que fai o virus teña quedado moi reducido. Por eso debemos de manter o respecto pero podemos non atenazarnos. Esto permítenos non estar confinados por completo, que os traballos sigan activos, que poidamos estar véndonos de novo e que esto comece a parecerse máis ao que vivíamos antes de aparecer o maldito bicho que ao que vivimos hai ano e medio. E a todo o mundo nos gusta que vaiamos mellorando. Para facelo, debemos seguir protexéndonos.


Por que agora estamos máis preparados? Non é por intervención divina, nin porque saia máis ou menos o sol ou porque gañe o Real Madrid. Son as vacinas, amigo. As vacinas consiguen salvar vidas, innumerables. Por iso toca vacinarse, escapando dos delirios conspiranoicos. Quen ía querer montar toda esta parafernalia para poñer un microchip a un tipo coma calquera de nós? Non hai ninguén nun lugar remoto ao que lle vaia interesar que pases a semana indo ao traballo, no domingo pasees polo parque, tomes unha caña e acabes no churrasco. E non hai nada tan seguro como a ciencia, que comeza por asumir todo o que non sabe para afanarse en superalo. Con todo o coñecemento e os recursos que foron posibles, e con todos os ollos do mundo mirando, é normal que esta vacina puidese estar disponible máis rápido que outras.


Toda a precaución posible para frear os contaxios, para poder seguir avanzando nesta conquista. Pero sen temores infundados. Que non nos paralice o medo irracional porque temos vacinas, que funcionan e que son tan seguras como calquera outra, ou incluso máis. E se ti non a tes, a que estás esperando?

Sen medo, con precaución, con vacinas

Te puede interesar