Caldas dotará ao campo de fútbol das Corticeiras dunha nova caldeira de biomasa

Caldas dotará ao campo de fútbol das Corticeiras dunha nova caldeira de biomasa
Campo de fútbol das Corticeiras, en Caldas | cedida

O Concello de Caldas instalará no campo de fútbol de As Corticeiras unha nova caldeira de biomasa de última xeración que servirá para mellorar os suministros de calefacción e auga quente. A caldeira sustituirá á que xa existe e que funciona con combustible diésel. Ademais de mellorarse notablemente as súas prestacións a nova instalación suporá un importante aforro en custes enerxéticos. Tamén se obterán beneficios medioambientais ao tratarse a biomasa dunha fonte de enerxía renovable que contribúe á redución das emisións contaminantes.

O concelleiro de Medio Ambiente, Manuel González, destacou que esta iniciativa “se enmarca dentro dos compromisos do goberno municipal para fomentar o aforro enerxético e a redución de emisións nas instalacións públicas”.

A instalación desta nova caldeira supón un investimento total de 28.575 euros dos que 22.860 (o 80 % do total) corresponden a unha subvención que lle vén de ser concedida ao Concello por parte do Instituto Enerxético de Galicia ao abeiro da orde de axudas para proxectos de enerxías renovables térmicas para os anos 2020-2021, cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do Programa Operativo Feder Galicia 2014-2020.

O goberno municipal está realizando un esforzo para mellorar las instalacións do Campo de Fútbol Municipal das Corticeiras onde practican deporte decenas de deportistas de todas as idades. Co Plan Concellos da Deputación lográronse avances importantes neste senso.

Caldas dotará ao campo de fútbol das Corticeiras dunha nova caldeira de biomasa

Te puede interesar