Caldas - “Queremos deixar atrás o vello dito ‘de Caldas serás e nada terás”

Caldas - “Queremos deixar atrás o vello dito ‘de Caldas serás e nada terás”
Copia de Diario de Arousa-2015-05-20-022-6dc5133d

O BNG preséntase a estes comicios co claro obxectivo de gañar e sen pensar en posibles pactos para facelo. Liderados por Iñaki Fernández, acoden tras un proceso de asambleas abertas, nas que se abriron á cidadanía para elexir o seu camiño nestas municipais.

Leva vinculado ao BNG dende hai moito tempo, sendo concelleiro en varias lexislaturas, como a actual. Por que decidiu dar o paso de presentarse como candidato a Alcaldía?
Levo vinculado ao BNG dende os anos 90 e fun edil hai xa máis de 20. Neste momento decidín dar un paso ao frente e optar á alcaldía porque penso que a situación é insostible. O actual goberno fixo da chapuza e da improvisación a súa maneira de xestión. Pola contra, no BNG-Asembleas Abertas contamos cun equipo renovado, cheo de ideas,  ilusión, solvente e de garantías para transformar este concello, e que me pediu que liderase este proxecto.

Que debe cambiar en Caldas e que ofrece o Bloque?
En Caldas hai que cambiar o equipo de goberno, botar a quen se afasta dos veciños e ten completamente abandoaso os intereses do concello. O BNG-AA ofrece propostas novas, propoñemos facer do noso patrimonio histórico un motor económico e social para Caldas co establecemento dunha Área de Rehabilitación Integral para todo o casco histórico. Propoñemos a creación dun polígono nas Veigas de Almorzar, a través dun Plan Sectorial, porque o PXOM parece que vai a tardar en chegar e Caldas non pode esperar máis. Propoñemos avanzar no saneamento do rural con senso común, poñendo a funcionar os tramos nos que están os tubos instalados antes de seguir enterrando máis e máis tubaxes e asfaltando os camiños municipais cando realmente se necesita, e non só tres meses antes das eleccións. Propoñemos en definitiva, gobernar con sentidiño e deixar atrás o vello dito do “de Caldas serás e nada terás”.

En ocasións, algúns dos seus rivais acusáronlle de ser pouco contundente co Goberno. Que ten pensa disto?
Non as entendo. Nos últimos anos foi o BNG quen alegou e quen fixo unha campaña vecinal para paralizar a brutal subida de impostos que pretendía aprobar o PSOE, votamos en contra do desmantelamento do pseudo-Plan de Emprego que levou o PSOE nos orzamentos, por certo, aprobados grazas ao PP. Estou seguro de que se cometeron erros, máis a contundencia demóstrase con propostas e con feitos e o BNG-AA estivo sempre ao lado dos veciños, e así seguirá. n

Caldas - “Queremos deixar atrás o vello dito ‘de Caldas serás e nada terás”

Te puede interesar