martes 17.09.2019

Catoira esgota todas as entradas on line da Cea Vikinga e pon á venda 100 máis

O goberno de Xoán Castaño recupera o pregón que será o venres día 2 a cargo da actriz galega Isabel Risco
Xoán Castaño convidou á oposición á presentación, pero o PSOE declinou o ofrecemento | mónica ferreirós
Xoán Castaño convidou á oposición á presentación, pero o PSOE declinou o ofrecemento | mónica ferreirós

Catoira agotou en tempo récord as 600 entradas que sacou á venda en internet para asistir á célebre Cea Vikinga. Así o confirmou onte a edila nacionalista, María Paz, que debullou polo miúdo a programación da que será a 59 edición desta festa de Interese Turístico Internacional da que xa se avanzara algo hai uns días. De feito, coa idea de que ningún veciño se quede sen a posibilidade de asistir a esta comedela da noite do sábado este mesmo lunes poranse á venta 100 entradas en formato físico na biblioteca municipal.

O alcalde, Xoán Castaño, foi o encargado de explicar que a Vikinga recupera este ano o pregón que dará o pistoletazo de saída aos días máis grandes da festa. “Dado que a nosa intención nesta edición é visibilizar o papel da muller e que por iso puxemos a unha no cartel tamén queremos que a pregoeira sexa un nome feminino”, indicou. Así pois será a actriz Isabel Risco a encargada de dar lectura a esta tradición recuperada o venres 2 ás 21 horas nas Torres do Oeste. Xa durante toda a xornada haberá obradoiros de clown e un pasarrúas que partirá da Praia Fluvial para que, en palabras do propio rexedor, “poida participar todo o pobo”. O concerto pola noite será a cargo de Jinetes del Trópico.

Na xornada do sábado tamén haberá contacontos e xogos tradicionais na zona de Fonte Gaiteira ao longo de toda a tarde. A cea será no lugar de costume e na Alameda terán lugar os concertos de Pandereiteiras Muíños do Vento, Treixadura, Skarnivals e Raiba. Ás doce o grupo Troula poñerá o broche cun espectáculo de lume.

O gran día é o domingo 3 con pasarrúas e mexilloada a partir das once da mañá. A dramatización do Desembarco Vikingo está previsto para as doce e media da mañá e haberá batucada e espectáculos aéreos e un sinfín de actividades. A partir das oito e media da tarde comezarán Óscar Ibáñez e Ses na Alameda.

O alcalde tamén sinalou que a maiores hai dúas exposicións. Unha de fotos cedida por César R. Carril e outra dun panel da Fundación Rosalía "para seguir afondando na estreita relación que tiña con Catoira e coas Torres, que era moita".

Comentarios