CESURES - “Tega reúne o mellor dos partidos tradicionais e dos independentes”

CESURES - “Tega reúne o mellor dos partidos tradicionais e dos independentes”
Diario de Arousa-2015-05-17-022-5dcc6660

Ángel Manuel Souto volve a liderar a formación Tega para estas municipais e tras xestionar as concellerías de Urbanismo, Obras e Servizos. Presume da boa xestión económica do tripartito, pero aínda non quere oír falar de pactos.

Que supuxeron estes catro anos nos que tiveron responsabilidades de gobierno?
O balance é positivo, tendo en conta que gobernar en coalición non é doado –tes que aparcar cousas do teu programa para garantir un goberno estable–, pero conseguíronse cousas moi importantes para o futuro. Cando chegamos había no caixón facturas sen pagar por case 200.000 euros e non só se pagaron, senón que a día de hoxe temos débeda cero é un superávit de máis de 300.000 euros. Hacienda considéranos un dos concellos máis saneados de toda España. Tamén nos atopamos cun enorme gasto corrente, telefónico, de luz... e grazas ás inversións en aforro enerxético conseguimos uns aforros cos cales no orzamento deste ano fanse inversións con fondos propios, algo impensable hai poucos anos. Destacar tamén o lamentable estado no que estaban as rúas do rural e nesta lexislatura 9 de cada 10, ou ben foros arranxadas ou foron adxudicadas para a súa realización.

Estaría disposto a un novo pacto de goberno? O PP sería unha opción a ter en conta no caso de ser precisas alianzas para gobernar?
Presentámonos para ter os apoios suficientes dos veciños para poder gobernar e a día de hoxe non nos plantexamos ningún pacto. Se a cidadanía decidise que para gobernar se teñen que facer, é entón cando o valoraríamos.

Que é o máis urxente que precisa Pontecesures?
Seguir coa diminución do gasto para seguir tendo máis aforros e adicalos ás inversións necesarias para o noso pobo e á realización das nosas festas. Seguir traballando para ter un goberno o máis transparente posible (ordenanza de participación cidadá nos plenos, gravación dos plenos e cogalos na web do Concello), ou sexa, un concello aberto ós cidadáns. Despois de catro anos como concelleiro de Urbanismo e de escoitar ós veciños, presentaremos ante a Xunta as modificacións puntuais do PXOM para corrixir as deficiencias que ten, como por exemplo que moitos dos baixos do pobo non poidan ter actividade por estar fora de aliñación ou que nunha mesma rúa uns poidan construír e outros non.

Cre que o descontento da cidadanía cos partidos tradicionais os beneficiará?
Espero que sí. Terra Galega non é un partido independente que busca o beneficio propio, nin o é a antiga usanza, onde as decisións tómanse dende as directivas superiores. Nós temos o mellor de ambos.

CESURES - “Tega reúne o mellor dos partidos tradicionais e dos independentes”

Te puede interesar