lll

Recibe cada mañana las últimas noticias. REGISTRARME

Recibe las noticias desde Telegram. ÚNETE

O Concello de Valga fai obras de emerxencia na traída de auga para evitar perdas na seca

As obras estanse acometendo en varios lugares nos que houbo incidencias e nos que as tubaxes son antigas e están deterioradas

As obras na rede de abastecemeno para evitar perdas de auga potable continúan no lugar de A Torre, en Valga. Así o apuntan desde o Concello, cuxos responsales sinalan que os traballos urxentes de mellora da rede municipal de abastecemento de augas para facer fronte á situación de seca pola que se está atravesando trasladáronse nas últimas xornadas a ese lugar situado na parroquia de Cordeiro, onde está en marcha unha actuación renovación dun tramo de tubaxes vellas que se atopaban nun estado moi deteriorado e no que se estaban rexistrando constantes e periódicas avarías e perdas de auga, as que agora se lle pretende dar solución cona renovación das liñas da traída municipal de auga.

Desde o executivo local sinalaron que esta situación prodúcese en varios puntos do municipio, con perdas que chegaron a superar máis do 50 % do total da auga. O equipo de goberno engadiu que esta situación estaba provocando un incremento moi importante do consumo de auga, polo que se viu na obriga de decidir levar a cabo unha actuación de emerxencia tendo en conta as escasas precipitacións rexistradas nos últimos meses. Do mesmo xeito, tamén se acomete esa actuación co obxectivo de evitar que poidan producirse carencias ou restricións na subministración de auga potable domiciliaria á poboación da localidade en vindeiras datas.



Novos tramos



As obras comezaron a semana pasada no lugar de Moldes e agora trasladáronse ao tramo Castiñeiras-A Torre, onde operarios e maquinaria están a abrir gabias para retirar a vella mangueira e substituíla por unha nova tubería. Unha serie de actuacións semellantes está previsto que tamén se acometan noutras zonas do concello valgués nas que se ten detectado a mesma problemática de perdas de auga, para minimizar así o risco de desabastecemento que poda sufrir a cidadanía.

Para financiar estas actuacións de emerxencia, o Concello de Valga ten solicitado a súa colaboración á Deputación de Pontevedra, a través da recentemente anunciada liña de axudas para as administracións locais da provincia para actuacións de emerxencia para garantir o abastecemento de auga potable domiciliaria. Mentres non se resolve a solicitude de subvención, o Concello decidiu ir avanzando as obras ante a gravidade da situación. 

O Concello de Valga fai obras de emerxencia na traída de auga para evitar perdas na seca

Te puede interesar