Os concellos de Valga e Moraña clausuran o Obradoiro de Emprego Ulla-Umia II

A clausura do Obradoiro tivo lugar onte |

O Obradoiro de Emprego Ulla-Umia II, que promoveron os concellos de Valga e Moraña, clausurouse onte despois de nove meses de formación. Vinte persoas desempregadas conseguiron habilidades

O Obradoiro de Emprego Ulla-Umia II, que promoveron os concellos de Valga e Moraña, clausurouse onte despois de nove meses de formación. Vinte persoas desempregadas conseguiron habilidades teóricas e prácticas nos módulos de albanelería e carpintería. A clausura contou coa presenza do delegado da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, o xefe territorial da Consellería de Economía , Emprego e Industria, Ignacio Rial, e os alcaldes de Valga e Moraña, José María Bello Maneiro e Luisa Piñeiro.
O Obradoiro, financiado pola Xunta de Galicia con 280.000 euros, desenvolveuse dende outubro do ano pasado. No transcurso do mesmo os alumnos executaron obras en espazos e edificios públicos. De feito actuaron tanto en inmobles que van ter un uso público como en espazos de protección patrimonial como lavadoiros. l