Dolores Gil Núñez, de Magariños, cumpre 101 anos e convértese na veciña máis lonxeva de Valga

Dolores Gil Núñez, de Magariños, cumpre 101 anos e convértese na veciña máis lonxeva de Valga
Bello Maneiro visitou a Gil Núñez na súa casa, no lugar de Magariños | concello de valga

Dolores Gil Núñez, veciña de Magariños, na parroquia de Setecoros, celebrou onte o seu 101 aniversario e recibiu as felicitacións do alcalde de Valga, José María Bello Maneiro, e da concelleira de Cultura, María Carmen Castiñeiras, que a visitaron na súa vivenda para agasallala cun ramo de flores e uns doces.


Non en balde, Dolores Gil, é a veciña de mais idade do municipio. Outras dúas mulleres valguesas superan xa os cen anos: María Bouzas Senín, de Cerneira, e María Castaño Tarrío, de Cordeiro, que festexarán o seu 101 aniversario os días 8 de xullo e 7 de agosto respectivamente.


Dolores Gil, viúva dende hai máis de dúas décadas, tivo tres fillas das que viven dúas, e a súa familia está formada tamén por cinco netos, doce bisnetos e tres tataranetas, a máis nova cun ano de idade.


Esta veciña de Magariños explicaba onte que aínda fai ela mema a súa cama a diario e ordena a súa habitación. Traballou durante gran parte da súa vida no campo e na casa, na que seguiu facendo os labores ata case os 97 anos.
O seu xenro, José Martínez Varela, é agora o que se encarga de darlle a maior parte dos coidados. “Lévolle o almorzo e doulle os medicamentos”, que non son moitos, explica, porque Dolores pode presumir de ter unha boa saúde.
A familia de Dolores Gil non pasará por alto o seu 101 aniversario e, aínda que non teñen data fixada, reuniranse todos nunha comida moi semellante á que organizaron no 2016, cando festexaron por todo o alto o centenario desta lonxeva valguesa.


Normalmente dende o concello valgués homenaxean sempre aos homes e mulleres máis lonxevos da parroquia como unha mostra de agarimo e de consideración. Así o fixo onte o alcalde e tamén a edil de Cultura, para alegría de Dolores Gil.

Dolores Gil Núñez, de Magariños, cumpre 101 anos e convértese na veciña máis lonxeva de Valga

Te puede interesar