A Festa do Carneiro ao Espeto bate récord de asistencia no seu medio século de vida con 23.000 asistentes

A Festa do Carneiro ao Espeto bate récord de asistencia no seu medio século de vida con 23.000 asistentes
Diario de Arousa-2019-07-29-017-39627da7

O medio século de vida da Festa do Carneiro ao Espeto de Moraña demostrou que este evento gastronómico só pode ir a máis. O municipio bateu todos as marcas de asistencia e, segundo o propio Concello, foron máis de 23.000 as persoas que se achegaron a Moraña durante toda a fin de semana. O punto álxido acadouse onte co gran xantar ao que asistiron un total de 3.500 comensais, 500 máis que na edición do ano pasado. Houbo cheo absoluto en bares e restaurantes da vila e repartíronse un total de 175 lotes de comida. Tamén foi un éxito de público tanto a exposición cos traballos das Mulleres Rurais de Moraña, na rúa principal do centro urbán, como a mostra fotográfica en conmemoración dos 50 anos da festa.

A alcaldesa, Luisa Piñeiro, manifestou que o de onte foi “un día histórico polos 50 anos da festa, a incrible asistencia e porque toda Galicia ollou para o noso concello”. O xantar abarrotou a Carballeira de Santa Lucía que acadou o tope da súa capacidade. O resto dos asistentes compartiron mesa e mantel nos restaurantes e nos domicilios da localidade nunha xornada de festa para compartir coa familia e cos achegados. “O Carneiro merécese ser a gran cita do mes de xullo”, dixo Piñeiro.

A Festa do Carneiro ao Espeto bate récord de asistencia no seu medio século de vida con 23.000 asistentes

Te puede interesar