O galego ten en Moraña aos seus pequenos mecenas

O galego ten en Moraña aos seus pequenos mecenas
O acto de presentación da película tivo lugar no colexio Santa Lucía de Moraña | real academia galega

Sementar nos máis novos o amor pola lingua galega e –dese xeito– garantizar o seu futuro é un dos principais retos aos que se enfronta a día de hoxe a Real Academia Galega. É por iso que dende a institución levan a cabo iniciativas como as que implicaron no pasado e no presente curso escolar á comunidade educativa do CPI Santa Lucía de Moraña. Tantos os mestres –pero sobre todo a rapazada– participaron nunha proposta realizada no marco da “Primavera das letras”.

Os pequenos nenos morañeses exerceron de actores –e con moita alegría e gracia– no filme “A orixe da nosa lingua guapa”, converténdose así en embaixadoras do galego máis aló das catro paredes das aulas do colexio.

A produción estreouse hai uns días no propio colexio de Moraña e contou cun gran éxito de asistencia. A cinta baséase nunha idea orixinal da académica Fina Casalderrey que “–ademais– está fortemente vencellada ao colexio de Moraña en donde exerceu como mestra durante 25 anos. Durante a estrea a escritora e académica recoñeceu que “para min foi especialmente emotivo dar con varias mestras ás que, noutrora, eu lles dera clase, con nenas e nenos fillos e ata netos de antigos alumnos meus que escoitaran na miña voz unha explicación semellante á hora de lles falar da formación en galego”.

O filme –que gustou moito aos pequenos actores– está realizado dende a linguaxe da imaxinación e a fición para ilustrar as orixen do idioma dunha forma diferente e que sirva para conectar cos nenos de Infantil e de Primaria, embaixadores futuros do galego.

Ao acto de presentación da película acodeu toda a comunidade educativa do cole de Moraña (en donde se realizou a gravación ademais de na Casa do Pardiñeiro) e tamén o presidente da Real Academia Galega, Víctor Freixanes, así como o secretario xeral de Política Lingüística. 

O galego ten en Moraña aos seus pequenos mecenas

Te puede interesar