Manuel Campos: “O noso reto é seguir traballando para activar o polígono da Ran”

Manuel Campos: “O noso reto é seguir traballando para activar o polígono da Ran”
Diario de Arousa-9999-99-99-999-9766465b

Manuel Campos confía en que os veciños de Cuntis valoren estes catro anos de traballo e que aposten pola lista do PSOE para seguir na Alcaldía.

Foron catro anos de bipartito. Como valora este mandato?

O balance é moi positivo. Os maiores retos foron o Centro de Día e o polígono da Ran. O primeiro está a piques de abrir e o segundo é un tema complexo. Houbo que negociar para obter terreos e aínda quedan cousas por facer.
 
Chegaron ao goberno despois de 4 anos do PP. Que pensa que mudou en Cuntis neste mandato cun goberno progresista?

Cando chegamos á Alcaldía o centro de día e o polígono estaban estancados, pero sobre todo había un abandono completo do rural de Cuntis. Dende que chegamos reactivamos os servizos públicos e puxémonos a traballar.

Que queda por facer en Cuntis? Cales son os proxectos do PSOE?

A reforma integral de toda a zona do edificio do Concello e a construción de vivenda social nos edificios dos mestres, xa solicitada á Xunta. Tamén estamos traballando con Fomento na reforma integral da N-640 e na construción da sede da Fundación de Castrolandín. Tamén prevemos crear unha escola infantil  para nenos de 0 a 3 anos nun dos edificios públicos do Concello. Respecto á zona industrial de A Ran que o seu desenvolvemento vaia coa tecnoloxía da man. No noso programa levamos o tema do cambio climático. Que vai pasar coa auga? Incluímos un apartado para mellorar o abastecemento e para garantir este recurso á poboación. Estivemos notando a sequía e sabemos que vai ir a peor.

Supoño que aspirará á maioría, pero de non ser así... revalidaría o pacto do BNG? Volvería a tentalo con Veciñanza?

A relación co BNG foi moi boa. Non houbo ningún problema nestes catro anos. Tamén foi boa con Veciñanza, eles na oposición e nós no goberno, pero negociando nos temas importantes.

Serían posibles máis liberacións? 

A situación económica é impecable, pero as liberacións estudarémolas despois das eleccións.

Manuel Campos: “O noso reto é seguir traballando para activar o polígono da Ran”

Te puede interesar