Pontecesures idea unha fórmula anti-Covid para os regalos de Reis dos seus nenos

Pontecesures idea unha fórmula anti-Covid para os regalos de Reis dos seus nenos
Vidal Seage mantivo unha videoconferencia cos Reis Magos |

Coa intención de evitar as aglomeracións ou a concentración de xente o Concello de Pontecesures acordou este ano que os pequenos agasallos que os tres Reis Magos de Oriente lles daban aos pequenos do municipio na súa recepción oficial serán repartidos pola propia administración local. O alcalde da localidade, Juan Manuel Vidal Seage, mantivo unha videoconferencia con Melchor, Gaspar e Baltasar para tomar a decisión de que este ano hai que ser máis prudentes ca nunca.

De feito cabe recordar que prácticamente en todos os lugares -máis ou menos pequenos- se ten suspendida a Cabalgata coa que desembarcaban os Magos na comarca do Ulla-Umia. Dende o Concello recoñecen que “a situación epidemiolóxica está a converter unhas festas entrañables como o Nadal e Os Reis nun período un tanto extrano, obrigando a tomar medidas que eviten no posible as aglomeracións de xente e extremando as medidas de seguridade”.

Así pois acordouse “coas Súas Maxestades que os regalos para todas as nenas e nenos de Pontecesures sexan deixados no Concello e será este o que se encargue de facerllos chegar”.

 A situación sanitaria motivada pola pandemia do coronavirus obriga a mudar costumes, pero dende o Concello de Pontecesures queren que a ilusión dos máis pequenos á hora de recibir un pequeno agasallo na casa quede intacta.

A conversa do primeiro edil con Melchor, Gaspar e Baltasar foi colgada nas redes sociais do Concello de Pontecesures.

Pontecesures idea unha fórmula anti-Covid para os regalos de Reis dos seus nenos

Te puede interesar