Santiago Villanueva | “O GES de Ulla-Umia será novo. O conflito laboral é co Concello de Valga”

Santiago Villanueva | “O GES de Ulla-Umia será novo. O conflito laboral é co Concello de Valga”
Diario de Arousa-2020-02-23-007-6db97c1c

A punto de cumprirse dous meses de que a comarca de Ulla- Umia se quedase sen GES, o director xeral de Emerxencias analiza a necesidade urxente cubrir un servizo que dende a Xunta consideran imprescindible para a veciñanza. Santiago Villanueva tamén resposta as dudas xurdidas nos últimos días sobre a viabilidade xurídica.
 
Tras una semana complicada, parece que finalmente Moraña expón unha boa saída...

Desde a Xunta, desde o primeiro momento, o que buscabamos é dar un servizo aos veciños da zona. Evidentemente, xurdiu unha dificultade unha vez que o Concello de Valga renunciou ao seu GES. A partir dese momento quedaba unha zona de sombra en determinado ámbito territorial de Galicia.
 
Que foi entón o que fixo a administración galega? 

Pese a que as competencias directas non son da Xunta, senón dos concellos ou, se non poden, das deputacións, nós entendiamos que había que traballar dunha forma urxente para que os veciños tivesen a perstación cercana dun servizo  de emerxencias profesional. Buscamos a fórmula de facelo baseada en criterios técnicos e entendimos que era no Concello de Caldas. Non é unha decisión da Xunta, senón dunha comisión da que forma parte a administración autonómica, a Fegamp e as deputacións. Foi entendida de forma unánime por todas as administracións. Incluso nun primeiro momento o Concello de Caldas estaba a favor. É un servizo que demanda calquera concello de Galicia, porque os principais beneficiados son os veciños. A calquera cidadán o que lle preocupa e ter protexida a súa vida e a súa propiedde. Posteriormente, o Concello de Caldas renunciou, dunha forma que non entendemos. Unha vez que renuncia, que non quere dar esa atención prioritaria, entendemos que esa zona de intervención debe contar con ese servizo. Na comisión proporemos a Moraña. 

Que criterios se seguen para facer unha ou outra proposta? 

Criterios de risco, de distancia, de medios e isocronas de intervención. A idea é que calquera cidadán teña un servizo de emerxencias a vinte ou trinta minutos. Os riscos da zona, como o número de accidentes de tráfico, de número de poboación, as industrias que puidese haber ou as vías de comunicación, son outros factores que se teñen en conta. Tamén estamos valorando os medios cos que se conta. Tanto o concello de Caldas como o de Moraña xa teñen camións, coches. É máis facil así que tendo que licitar 

Os medios do GES de Valga pasarían ao novo servizo? 

Os medios que se lle otorgaron ao Concello de Valga para o funcionamento do GES revertirían na propia administración e desde aí se distribuirían. Tamén no seu momento, os concellos que optaron aos GES ofreceron os medios municipais. Tanto Caldas como Moraña teñen medios adscritos a intervención a través de Protección Civil e Emerxencias que se incorporarían ao GES, independentemente de que si é necesario reforzar, se reforzaría. 

O Concello de Caldas esgrime informes que din que hai un elevado risco de subrogación do personal de Valga...

Como vas ter que subrogar a un traballador que non é teu? Este é un conflito que teñen os traballadores coa administración coa que tiñan unha relación laboral, que neste caso é o Concello de Valga. Crearíase un novo GES. Para elo, hai que facer a selección de personal, darlle a formación correspondente na Academia Galega de Seguridade, que son 70 horas, e logo contratalos. 

E agora, que prazos se manexan para reactivar o GES?

A comisión, que é a que decide, vaise convocar o máis pronto posible.. A Xunta proporá en base a criterios técnicos, como xa fixemos antes. Se fora por criterios políticos, Caldas non é do mesmo partido. A Xunta quiso apurar dunha forma urxente para ubicar un novo servizo. Responde a criterios técnicos, obxectivos. Debemos traballar en beneficio dos cidadáns, para atender de forma rápida e eficaza as emerxencias. Cando un sufre un accidente ou un incendio, precisa unha resposta rápida. Cuestións doutra índole non son moi entendibles.

Santiago Villanueva | “O GES de Ulla-Umia será novo. O conflito laboral é co Concello de Valga”

Te puede interesar