A defensa do uso do galego protagoniza a entrega de premios do Plácido Castro

A defensa do uso do galego protagoniza a entrega de premios do Plácido Castro
Elena Sherevera e Lourenzo Maroño compartiron o galardón pola tradución dunha obra rusa e. moldes

A revindicación do uso galego para todos os ámbitos da vida social, cultural e literaria centrou onte a entrega de premios de tradución Plácido Castro no Salón Nobre de Ravella. O concelleiro de Cultura, Fran González, exerceu de mestre de cerimonias nun acto moi emotivo no que os verdadeiros protagonistas foron os galardoados. Lourenzo Maroño e Elena Sherevera foron distinguidos pola obra “Antoloxía da poesía rusa”, deixando en evidencia que “a arte enténdese independemente das fronteiras”.

Maroño agradeceu o galardón e Sherevera, visiblemente emocionada, incluso recitou algúns versos dunha compatriota escritos hai 99 anos.

A terceira premiada neste importante certame de tradución foi Camiño Noia, que non puido acudir persoalmente á recollida de premios en Ravella, pero que estivo presente a través dunha carta na que ensalzou de principio a fin “o magnífico patrimonio que todos nós temos coa lingua galega”. Foi ela a que incidiu en que “ten capacidade máis que suficiente para traducir calquera obra da literatura mundial como ano tras ano o demostran diferentes escritores”.

Neste mesmo senso fixo un chamamento ás bibliotecas para que “fagan un esforzo para que as obras poidan estar nas plataformas virtuais e a través de Google poder chegar a calquera rincón do mundo”.

Camiño Noia tamén quixo valorar de forma concreta o traballo realizado por todos aqueles autores que participan cada ano nos premios de tradución e que “loitan ano a ano co seu compromiso por defender unha lingua tan denostada e ameazada”.

O Concello de Vilagarcía forma parte da Fundación Plácido Castro que convocan anualmente este tipo de premios de tradución.

 

A defensa do uso do galego protagoniza a entrega de premios do Plácido Castro

Te puede interesar