A maxia da radio pon as bases dunha fin de semana de música no Festival do Norte

A maxia da radio pon as bases dunha fin de semana de música no Festival do Norte
a emisión do programa estudio 3, da radio galega, inaugurou o programa do festival g. salgado

A música e, sobre todo, a radio en directo, foron onte os verdadeiros protagonistas da sesión inaugural dunha nova edición do Festival do Norte. Alumnos de diferentes centros educativos do municipio achegáronse ata o recinto da Maroma para asistir en directo á emisión do programa Estudio 3 da Radio Galega dentro do proxecto “Busca tu norte en la música”. E é que para os organizadores do primeiro festival da temporada todos, absolutamente todos os públicos, son importantes. Os rapaces tiveron a oportunidade de coñecer en directo as características da industria cultural e incluso as posibilidades de empregabilidade que esta ofrece.
Foi, sen dúbida, o aperitivo perfecto de todo o que está por vir e que comeza hoxe pola noite nun marco incomparable. E é que os artistas máis recoñecidos co mundo indie-pop subirán aos dous escenarios que, como cada ano, copan a parte traseira da nave de Fexdega. Hoxe as portas abren pola tarde e os fans renderanse á maxia de artistas como Dorian, Triángulo de Amor Bizarro, La habitación roja, Xoel López, The Primitives, Janey Joyd ou Tortel entre outros. Diversión asegurada é unha boa opción para poñerlle, ao mal tempo, a mellor cara.

A maxia da radio pon as bases dunha fin de semana de música no Festival do Norte

Te puede interesar