O acceso en coche á Praza da Independencia terá que facerse hoxe dende As Franciscanas

O acceso en coche á Praza da Independencia dende a rúa Edelmiro Trillo terá que facerse ao longo da xornada de hoxe a través do cruce do colexio das Franciscanas.
A empresa encargada dos traballos de peonalización e humanización da Praza de Galicia cortará de forma temporal a rúa Padre Feijóo, dado que necesita o tempo para instalar as canalizacións dos servizos públicos. A adxudicataria estima que as obras rematarán o xoves, momento no que xa se volverá a reabrir o paso por Padre Feijóo.
Como xa é ben sabido dende o inicio das obras de humanización hai pouco máis dunha semana o tráfico rodado procedente de Edelmiro Trillo tiña que xirar cara a Praza da Independencia a través de Padre Feijóo, que cambiou de sentido. Só os taxis e o transporte público poden atallar pola confluencia co colexio das Franciscanas. Así pois, durante as dúas xornadas que se prevé que duren as obras de canalización, todos os vehículos terán que xirar polo cruce do centro educativo.

O acceso en coche á Praza da Independencia terá que facerse hoxe dende As Franciscanas

Te puede interesar