A alerta por vento e chuvia provoca o peche das instalcións deportivas e dos parques con árbores de maior porte

A alerta por vento e chuvia provoca o peche das instalcións deportivas e dos parques con árbores de maior porte

O Concello de Vilagarcía vén de adoptar diferente medidas de precaución ante a situación de alerta por climatoloxía adversa comunicada esta noite dende a Vicepresidencia da Xunta de Galicia. Como consecuencia, para previr calquera tipo de risco, a Fundación de Deportes pechou as instalacións deportivas municipais, tanto exteriores como interiores, e suspendeu todas as actividades. Pola súa banda, o departamento de Medio Ambiente ordenou pechar os parques do Castriño, Compostela e A Coca que Emerxencias precintou xa de madrugada.

As autoridades autonómicas decretaron na costa e a provincia de Pontevedra unha alerta de nivel laranxa por fortes ventos e outra de nivel amarelo por chuvia. A previsión é que a climatoloxía empeore a partir do mediodía e arrecie pola tarde-noite. As medidas de precaución levantaranse en función das predicións que vaian realizando os servizos de meteoroloxía.

A suspensión das actividades deportivas nas instalacións municipais afecta tanto aos espazos abertos como aos pavillóns e ten como obxectivo previr riscos na práctica deportiva ao aire libre así como evitar desprazamentos en condicións meteorolóxicas tan adversas como as que están previstas para a xornada de hoxe. Cómpre salientar que pola tarde son maioritariamente nenos e nenas os que fan uso das instalacións deportivas municipais a través das actividades extraescolares e das que organizan a Fundación de Deportes e os clubs deportivos. Non obstante, o peche dos pavillóns obrigará tamén a suspender os adestramentos dos clubs previstas para hoxe, para o cal a Fundación xa dou aviso aos clubs a primeira hora da mañá.

Tamén como medida de precaución, e tamén segundo o informe do servizo Municipal de Emerxencias, o concelleiro de Medio Ambiente ordenou pechar os parque da Compostela, o Castriño e A Coca, debido ao efectos que os fortes ventos puideran ter nas árbores destas zonas verdes nas que predominan exemplares antigos e de gran porte. Prégase aos cidadáns que respecten os peches para evitar riscos innecesarios.

A alerta por vento e chuvia provoca o peche das instalcións deportivas e dos parques con árbores de maior porte

Te puede interesar